gh/balonga     Fecha  11/11/2011 19:24 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder José Luis Gçomez: "Estamos nun país, se se lle pode chamar así, onde os medios en galego NON IMPORTAN"   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
A ENCRUCILLADA DA LINGUA

José Luis Gómez: "Estamos nun país, se se lle pode chamar así, onde os medios en galego NON importan"

10.11.2011 O ciclo de conferencias "Os medios en galego, importan?" trae á facultade de Xornalismo a profesionais que falan da crise dos medios en Galicia e en galego
SANTIAGO. JORGE M. DE LA CALLE

José Luis Gómez con Emma Torres, profesora da Universidade de Vigo

FOTO: JORGE M. DE LA CALLE


"Os medios en galego, importan?", Durante tres dias, dende o pasado martes ata hoxe, xoves, a facultade de Xornalismo da USC reúne a diversos e recoñecidos profesionais e investigadores da prensa e os medios de comunicación nunhas xornadas tituladas signicativamente "Os medios en galego, importan?" Organizadas pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación a proposta da Liga Estudantil Galega, quere reflexionar e debater sobre o pasado, presente e futuro da comunicación realizada en lingua galega no actual contexto de crise económica e política, e do uso da lingua propia nos medios galegos.

"Estamos nun país, se se lle pode chamar así, no que os medios en galego NON importan", comezou así de contundente o seu relatorio José Luís Gómez, xornalista e ex director de Xornal de Galicia e La Voz de Galicia, "porque non existe un só xornal diario na nosa lingua". "Estamos peor que con Franco, e non digamos xa peor que na Transición ou cós bipartito e tripartito, tan denostados para outras cousas", enfatizou Gómez.

O prestixioso xornalista tirou da ironía durante toda a intervención e comparou o ecosistema mediático galego co de outras linguas minorizadas ou sen Estado, como o catalán, onde "ata os grandes medios, aínda en español, como El Periódico ou La Vanguardia, pasaron pola pedra do catalán". Cando traballaba no Grupo Z, lembraba que os seus compañeiros lle recordaban a "sorte" que tiña de falar e posuír aquel idioma, que "entendían e falaban tantos millóns de persoas", momento que aproveitou para sinalar o fondo desprezo que, na súa opinión, fan os galegos das posibilidades do idioma e a relación co sistema lingüístico lusófono. "Para afirmar que os medios en galego importan, teriamos que ser un país orgulloso de ser país, e non digo de xeito partidario", senón dende todas as ideoloxías, "como en Catalunya". Criticou entón a pasividade da sociedade e a neglixencia das autoridades, posto que, segundo Gómez, tamén a saúde da lingua e do sistema mediático é unha decisión política, posto que "da política dependen todas as grandes cousas".

Unha das razóns da crise de uso do galego en Galicia é o feito de sermos "un país pequeno, cunha poboación envellecida, e cunha importante sangría demográfica, emigrante", e pola nosa escasa conciencia de "país", que nos fai "menosprezar" a nosa lingua, polo que non poderiamos competir co castelán, "lingua emerxente", a pesar de que son preto de 200 millóns os falantes do noso sistema lingüístico, incidiu.

O ex-director de Xornal.com, primeiro dixital en galego, xa desaparecido como o Xornal en papel, reflexionou, xunto a Emma Torres, profesora da Universidade de Vigo, arredor da "viabilidade comercial da imprensa en galego" baixo un punto de vista "económico e identitario". José Luís Gómez apuntou cara a un "sistema de subvencións perverso", que provoca que haxa "fondos de normalización lingüística en Galicia dirixidos a medios de comunicación en español". Emma Torres, pola súa parte, fixo referencia ao negocio publicitario en Galicia, e lembrou que a perda de capacidade económica dos xornais débese basicamente á perda de insercións publicitarias. Respecto do papel da lingua galega no eido publicitario, a docente da Universidade de Vigo considera que a súa normalización "é parella á dos medios", polo que de momento, a súa presenza en campañas publicitarias é exclusivamente "unha estratexia de posicionamento", como poden ser as de R ou Gadis.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » José Luis Gçomez: "Estamos nun país, se se lle pode chamar así, onde os medios en galego NON IMPORTAN" « - gh/balonga - 11/11/2011 19:24 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje