Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  17/11/2011 22:51 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder le, reflexiona e se estás de acordo, pásao.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Días de reflexión.
Resérvase a véspera das eleccións como día para reflexionar sen a presión da campaña electoral. Pero estas eleccións son sen dúbida tan transcendentais como as de 1977 que deron lugar a unhas Cortes Constituíntes e definiron polo tanto o modelo de Estado e sistema político e de liberdades que hoxe temos.
A alternancia política, ou polo menos a súa posibilidade, é fundamental para a saúde do sistema e da sociedade. E mesmo para o partido desaloxado do poder, cuxo paso á oposición lle achega á rúa e lle permite retomar o camiño para continuar o seu avance.
Pero non é iso o que debemos ter en conta ante o 20-N. Xogámonos, non un pequeno paso adiante ou cara a atrás en determinadas políticas sociais. Xogámonos un cambio de modelo de sociedade, máis egoísta ou máis solidario, máis de mercado ou máis social. Xogámonos a propia existencia do Estado de benestar.
Por iso hoxe, antes do fin da campaña, temos que comezar a reflexión xa, e non a deixar ata o momento do voto. De agora ao domingo teñen que ser todos, con ou sen campaña días de reflexión. E tendo claro que a reflexión non se fai coas vísceras, nin o corazón nin a bile, se fai co cerebro.
Deberiamos polo tanto esquecer frustracións, desenganos ou resentimentos. E pensar que é o mellor para o futuro. Que futuro queremos neste momento convulso. Arrepentirnos o día 21 non solucionará nada. As protestas, folgas e manifestacións de despois non serán máis que simples escaramuzas, que gañaremos ou perderemos, pero que non maquillarán a derrota do día 20.
Pensamos que nuns meses a maioría dos concellos estarán gobernados pola dereita e todas as comunidades autónomas, se non o remediamos, tamén?
Pensamos que despois do día 20 todos os gobernos da Unión Europea serán tamén de dereita se non o remediamos?
Alguén cre que os mercados son de esquerda? Pois pensemos que futuro sairá deste caldo de cultivo.
Cremos que os gobernos só gobernan a economía? Teremos a mesma lei de divorcio co PP que co PSOE? Manteranse os dereitos logrados por homosexuais, lesbianas, bi e transexuais?
Seguirá ou non a actual lei do aborto? Preferimos que unha rapaza de 17 anos, filla de pais intransixentes (que os hai) aborte legalmente nun establecemento público, de calidade e gratuíto sen permiso, ou que o faga nun privado, de pagamento, sen garantías e tamén sen permiso?
Seguiremos tendo o mesmo acceso á pílula "do día despois"? Haberá as mesmas condicións para a investigación científica no campo da saúde, como por exemplo no das células nai?
Será o mesmo que goberne quen ao mellor ten que retardar o crecemento das axudas á dependencia que quen a considera un invento socialista para malgastar diñeiro?
Diferenciamos entre quen ve a saúde como unha oportunidade de negocio (copagamento, xestión privada, apoio á privada) e quen a ve como un dereito universal de todos os cidadáns?
Dános igual que goberne quen considera a educación un gasto para o estado ou quen a vexa como un inversión na sociedade do futuro? Quen a ve como un factor máis do mercado (apoio á privada ou ao copagamento) ou quen a ve como o elemento máximo de igualación de posibilidades nunha sociedade moi desigual?
É igual propoñer aulas separadas para varóns e mulleres que querer mantelas compartidas? É o mesmo quen hoxe propón ensino separado para elites intelectuais e non a moito tardar elites sociais ou económicas que quen quere manter a integración de alumnos?
Contribúe o mesmo á integración do país quen propón aulas separadas para quen queira estudar en castelán ou noutro idioma cooficial convertendo a esas comunidades en bi-idiomáticas que quen propón ensino integrado de ambas as dúas linguas para constituír unha sociedade bilingüe?
Distinguimos entre quen ve as pensións de xubilación un problema de gasto e polo tanto defende sistemas mixtos con máis desgravacións aos plans de pensión privados, e quen as ve como unha obriga en xustiza social coas xeracións anteriores?
É o mesmo quen mentiu durante os tres días posteriores ao 11-M, e quen negou as negociacións e concesións con quen denominou Movemento Vasco de Liberación que quen negociou sen concesións reais (non moveu nin un preso) e sen mentiras?
É o mesmo enfocar a loita antiterrorista como unha cuestión partidista e de cambadela ao goberno, que ter unha actuación leal e de apoio? E no final do problema, será igual aplicar a vinganza e a miseria que a xustiza e a grandeza?
Parécese a actuación do goberno popular tras o accidente do Iac-42 con mentiras á sociedade e desprezo ás familias das vítimas, que a do goberno socialista no dos helicópteros?
Foi igual a actuación do señor dos fiiños cando o PPrestige que por exemplo a do socialista Patxi Vázquez cando o do río Umia en Galicia? http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=21&idNoticia=80358
É o mesmo quen na crise do PPrestige se vai de caza ou, un día de praga de incendios na súa provincia, ao fútbol en Madrid, http://es.globedia.com/vazquez-bng-advierte-feijoo-podia-bernabeu-aires-pide-medios-fuegos que quen interrompe as súas vacacións ante a ameaza do mercado? http://www.cincodias.com/articulo/economia/zapatero-retrasa-vacaciones-ascenso-prima-riesgo/20110802cdscdseco_5/
Parécese a actuación prepotente e chula de Aznar ante os países do terceiro mundo e submisa ante os poderosos, actuando mesmo de recadeiro de Bush, á política multilateral e equilibrada de Felipe González e Zapatero?
É o mesmo quen vai a Europa a por un anaco de pastel que quen quere axudar a construíla e impulsar o seu avance? Quen ve o mundo como un escenario de bos e malos que quen busca a alianza de civilizacións e practica políticas de paz?
É o mesmo un partido cuxos líderes como Aznar se dedican no estranxeiro a criticar a situación de España, que o de Zapatero que cando Chávez insultou e desprezou a Aznar, saíu enerxicamente na súa defensa?
Pódese esperar responsabilidade no goberno de quen non a ten na oposición? Sosegará a vida política do país quen alimenta a crispación? Contará a verdade dende o goberno quen oculta o seu programa e as súas intencións?
Alguén pensa que Mariano Rajoy o pode facer feliz?
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » le, reflexiona e se estás de acordo, pásao. « - Rafa Castillo. - 17/11/2011 22:51 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje