Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  4/05/2012 11:17 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Libre circulación.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Talvez haxa que reescribir o evanxeo de Juan e comézalo dicindo "no principio só existía o capital, e o capital estaba xunto a deus, e o capital era deus". O que xa non cabe dúbida é que o home xa non é o centro do universo e que a terra se "fixo" para el.
É agora o capital quen reina no planeta e ante quen se achandan montañas e énchense vales. Que non haxa obstáculos ao seu paso. Na súa presenza suprímense os dereitos constitucionais de reunión, de manifestación ou de movemento.
Así, para que os poderosos non vexan as protestas dos cidadáns contra as súas decisións, suspéndese o Acordo de Schengen sobre a libre circulación das persoas en Europa.
Faime recordar cando nos primeiros anos 70 vivía na Coruña. Acostumaba a ir coa miña nai á praia de Mera, fóra da cidade e raro era o día que a garda civil, máis numerosa que as árbores que delimitaban a estrada, non nos fixese parar para deixar paso franco ao ditador e o seu séquito camiño do campo de golf ou do couto de pesca que producía aquelas troitas tan grandes.
Igual pasaba con todo o centro da cidade cando o xeneral superlativo ía montar no seu iate. Polo interese dun, parálise total de todos os cidadáns, con ou sen présa.
Pero, á fin, non dixemos xa que esta do capital é unha ditadura?
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Libre circulación. « - Rafa Castillo. - 4/05/2012 11:17 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje