Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  11/11/2011 02:29 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Maila os atrancos, no bo camiño.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
A tal hora empezan a coñecerse detalles do novo comunicado da organización terrorista ETA. Repito, por se non está claro. Non do Movemento Vasco de Liberación como lles chamou Aznar. Eu dixen claramente organización terrorista.
A verdade é que guste ou non guste, este feito, a rendición de ETA prodúcese no momento histórico que se produce. Nos últimos estertores do goberno de Zapatero, cuxo Ministro de Interior era Rubalcaba.
Claro que é politicamente correcto dicir que a paz a alcanzamos entre todos. Sen dúbida. Todos iamos no mesmo barco. Pero hai que ter en conta tamén que mentres uns eran esforzados remeiros, outros eran pesadas rémoras.
Na historia cada feito é consecuencia do seu pasado. E por iso a actitude do PNV foi fundamental, e ninguén pode negalo. Pero fiando máis fino, seguro que a maioría coincide en que a actitude e actuación de Ardanza, Atutxa, Josu Jon Imaz ou Urcullu, foi máis determinante que a de Garaikoetxea, Arzallus ou Eguibar.
O penúltimo acto desta longa traxedia foi sen dúbida a tregua do 2006. Esa tregua rompeuna ETA, pero serviulle para constatar que o Estado non cedía nada en política. E así viron que tras romper a tregua o que se atoparon foi o Bambi de aceiro do que falaba Alfonso Guerra.
Pero imaxinemos que o goberno socialista houbese cedido ás (chamémolas benévolamente) presións do Partido Popular, o seu coro mediático e algunhas asociacións de vítimas manipuladas. ETA tería a “xustificación” de que o Estado non quería a paz e iso lexitimaba a súa loita armada.
E se é politicamente correcto dicir que o fin de ETA débese a todos, tamén debe selo que vítimas fomos todos. Porque a diferenza dos asasinos ao uso, o que os etarras pretendían non era a concreta morte das vítimas, senón, atemorizar a toda a sociedade e impornos a todos a súa vontade.
Por iso, se todos fixemos a paz e ninguén debe rendibilizala, todos somos vítimas e ninguén ten dereito a impor a esta sociedade o seu rancor. As decisións de Estado ou de goberno que procedan deben depender exclusivamente dos lexítimos representantes da sociedade.
Sen esquecer ás vítimas. Pero sen que elas gobérnennos.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Maila os atrancos, no bo camiño. « - Rafa Castillo. - 11/11/2011 02:29 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje