Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  2/01/2012 00:46 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Matemáticas   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Dicía alguén o outro día que en política tamén hai que saber matemáticas, e é certo. Recordo cando neno recitar aquilo de que unha fracción, daquela diciamos quebrado, diminuía se diminuïamos o numerador ou aumentabamos o denominador.
E vén isto a que constantemente nos din que o déficit é un 6 ou un 8 ou o que sexa por cento e case nunca nos informan de sobre que é ese tanto por cento. E entón dinnos que é urxente reducir o déficit porque senón cada vez teremos máis que amortizar, e máis intereses que pagar, é dicir máis carga financeira.
Imaxinemos que alguén ten unha hipoteca de 100.000€ a 25 anos pola que ten que pagar 500€ mensuais. É moito ou pouco? Pois como dirían Rajoy e Jarabe de Palo, depende. Depende dos ingresos mensuais. Se son 1.000€, a carga é grande, se 3.000€ soportable e se son 10.000€... non se de que será este recibo.
E a niveis de estados, pasa o mesmo. Se a débeda é grande, pero crece máis a riqueza, e polo tanto o Produto Interior Bruto, que é o denominador oculto da manida fracción, o déficit tenderá a baixar sen que teñamos que baixalo. Ademais, como a máis PIB, máis Renda Per Cápita, pagaranse máis impostos e será máis doado para o Estado pagar a débeda.
E se enriba parte dese aumento se destina á solidariedade internacional, outra parte a mellorar os beneficios sociais e o resto a crear emprego, coidar o medio e lograr un medio máis habitable, e a Renda Per Cápita se distribúe con menos diferenzas, ata poderemos ser felices.
Toma nota, Mariano.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Matemáticas « - Rafa Castillo. - 2/01/2012 00:46 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje