Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.bogspot.con Fecha  9/08/2013 12:05 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Morte merecida.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
O alcalde de Baralla, Manuel González Capón afirmou nun pleno que os que foron condenados a morte durante o franquismo será que o merecían. Cando as súas palabras transcenderon aos medios, como sempre, di que as súas palabras se sacaron de contexto e que se ofenden a alguén as retira.
Pois claro que ofenden alguén. A todos os demócratas, a todos os defensores dos dereitos humanos, a todos os defensores do estado de dereito, e por suposto a todas as vítimas, seguramente algunha do seu propio municipio.
Hai que ver como se lle quenta a boca a esta xente. Sempre é a eles aos cales se lles sacan frases de contexto, porque sempre son eles os que pronuncias eses exabruptos. Dá igual a Fabra co que se fodan, este cos crimes franquistas ou que falen da mal nutrición ou dos dereitos das mulleres. Sempre son eles os que din algo. Irá nos seus xenes ideolóxicos?
Porque a esta xente lles sae máis natural ofender a "os vermellos" que condenar o golpe de estado franquista e a ditadura con toda a súa represión. Non o condenaron no Congreso dos Deputados, na Deputación de Lugo e en miles de concellos. Será que no fondo están de acordo? E por certo, que di a lexislación antiterrorista de non condenar o terrorismo?
E xunto a esa característica, esta outra. Co ben que o fan en terceira persoa, que difícil lles resulta conxugar en primeira persoa o verbo dimitir. Dise a burrada, descúlpase máis ou menos e aquí non pasou nada. En cambio recordo, por exemplo, como un deputado socialista, cando o do Prestige, fixo un comentario como "afundímoslles outro barco e gañamos" e tivo que dimitir. Con contexto e sen el.
Di vostede, señor Capón, que será que o merecían. Ninguén vai dicir isto sobre vostede nunca, tranquilícese. Pero talvez si mereza a súa final, a súa morte política.
Rafa Castillo.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » Morte merecida. « - Rafa Castillo. - 9/08/2013 12:05 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje