Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  4/12/2011 20:18 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Non o fagas, Sarko!   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
O Presidente francés, Nicolás Sarkocy, ameázanos coa refundación de Europa. Xa hai dous anos propuxo refundar o capitalismo, e así estamos. Co capitalismo máis salvaxe que ningún recorda. En lugar de que os gobernos o controlen, como esperabamos todos, é el quen controla os gobernos, dá "golpes de mercado" como en Grecia ou Italia, e nos goberna a todos a través das súas médiums, Ángela Merkel e as axencias de cualificación de riscos.
Que Europa necesita un cambio radical, ninguén o pon en dúbida. Pero un cambio cara a máis Europa, non a máis dominio do eixe franco alemán. E non quere iso dicir que non haxa que recoñecer o peso de ambos os dous países como principais contribuíntes á unión e locomotoras indispensables para o seu crecemento.
Pero os demais países, do maior ao máis pequeno, non somos uns simples parasitos da contribución alemá. A nosa relación é simbiótica, da que todos nos beneficiamos. Francia e Alemaña non poderían crecer sen ter un importante mercado seguro como a UE.
E tendo claro que é necesaria a refundación, esta ten que facerse de acordo aos principios comúns da unión, a democracia, o debate e o acordo entre todos, e non de forma improvisada e menos imposta pola obriga do mercado.
Claro que temos que ter unha política fiscal común, e moitas outras políticas. Claro que temos que ceder a nosa soberanía á soberanía europea, igual que cada individuo ou pobo o fai cara ao seu Estado. Pero non sería a Europa que queremos, se se nos expropia. Iso daría pé a máis ultranacionalismos e posicións fascistas.
A reforma europea necesitaría, en primeiro lugar, reformas constitucionais previas na maioría dos países. Non podemos permitir que un país, grande ou pequeno, volva a frustrar un intento como foi o da Constitución Europea. Para evitalo debería primeiro cada país facer a reforma que deixara claro cal é o límite de cesión a que está disposta, e logo negociar ata completar o crebacabezas.
E esas reformas constitucionais deberían evitar que o acordo definitivo tivese que someterse a referendo, substituíndoo por un proceso de maioría parlamentaria reforzada. O risco do referendo é que no voto negativo se suman os que queren máis Europa e os que non, situación que se salva mellor nun debate parlamentario.
E mentres iso non se faga, haberá que buscar algún mecanismo que permita que Europa de solucións aos problemas en tempo real, no que deberían xogar un papel importante o Parlamento Europeo e a Comisión, para que a nosa actuación conxunta non sexa un simple contrato de adhesión, letra pequena incluída, ás decisións franco alemás.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Non o fagas, Sarko! « - Rafa Castillo. - 4/12/2011 20:18 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje