Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  24/02/2012 12:22 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Non son o teu inimigo. Son o teu xefe.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Realmente hai só dous meses do cambio de goberno, pero nótase claramente xa o cambio de estilo. Pola imposición de reformas na que aos axentes sociais só se lles escoita para "melloras técnicas", polo total cuestionamento dos servizos básicos do benestar, e pola política de orde pública.
Tendo en conta o número de xubilacións e novas incorporacións que puido haber nestes dous meses, podemos convir que os corpos e forzas de seguridade do Estado son practicamente os mesmos que hai dous meses. Pero, o que cambiou o conto!
A partir do 15-M en decenas de cidades e vilas de España producíronse acampadas e concentracións. En xeral a actuación das forzas de seguridade foi impecable o que implicou que os manifestantes, salvo inevitables excepcións, tivesen tamén unha actitude correcta, todo o cal fixo que nos meses que se prolongou a situación apenas houbese incidentes salientables. Se exceptuamos, claro, o caso de Catalunya cuxos mossos d'escadra eran dirixidos pola dereita catalá.
Estes días vimos os incidentes de Valencia que empezaron, non esquezamos, coa protesta dos alumnos dun instituto. Se hoxe persisten as manifestacións e hai máis xente en solidariedade é só consecuencia da actuación gobernamental.
A suma de declaracións gobernamentais é antolóxica. Como é costume no PP, cada un di unha cousa e a contraria sen que ninguén desminta a ninguén e sen que ninguén saiba cal é a postura oficial. Así se fala de excesos dunha parte, excesos das dúas partes, de esixir responsabilidades, de apoiar a actuación policial...
Pero claro, á hora de esixir responsabilidades hai que formular en primeiro lugar a quen. E aquí hai que aplicar o coñecido dito de "quen cala outorga", o que fai que as responsabilidades se despracen cara a arriba en función do tempo.
Así, se o incidente foi causado pola acción indisciplinada e excesiva de determinados axentes, todos teriamos dado por boa a simple sanción disciplinaria dos afectados por parte dos seus mandos. Pero se os mandos policiais non actúan, entón a responsabilidade ascende aos responsables políticos, Subdelegado do Goberno, Delegado do Goberno, Ministro de Interior, Presidente do Goberno.
En que tempo estamos agora? A que nivel ascenderon as responsabilidades? Está claro que xa superaron o nivel da Delegada do Goberno que avalou coa súa presenza a desprezable declaración dun mando policial. Non o ter mandado calar e non o desautorizar no momento, ou non ter tomado medidas disciplinarias con el, fai a Delegada responsable do que dixo.
Correspóndelle ao Ministro do Interior a responsabilidade de cesar a devandita Delegada, para o que ten unha ocasión de ouro no Consello de Ministros de hoxe. Se non o fai así, chegará ao Presidente Rajoy a responsabilidade de cesar o Ministro, e se non o fai, talvez á FAES cambiar a Mariano.
Porque todos os que calan nesa escala ascendente outorgan a súa conformidade a considerar os manifestantes como inimigos. E ata aí podiamos chegar.
Os policías son funcionarios ao servizo do Estado e os seus xefes somos en conxunto os cidadáns en plenitude de dereitos civís. E polo tanto non poden ter como tales máis inimigos que os inimigos da sociedade.
Poden ser os seus inimigos os terroristas, as bandas mafiosas, os delincuentes en xeral. Pero quen se manifesta non comete nunca, por ese feito, un delito. Exerce un dereito constitucional cuxo exercicio debe de ser protexido polos servidores do Estado, por máis que teña que estar sometido a normas reguladoras da confluencia de dereitos.
Pero, en definitiva, como todos son iguais, tamén é o mesmo que á policía a dirixa o PSOE que o PP.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Non son o teu inimigo. Son o teu xefe. « - Rafa Castillo. - 24/02/2012 12:22 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje