Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  9/03/2012 17:37 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder O 29 non podemos facer folga total.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Hai quen mide a saúde económica dun país pola riqueza dos seus millonarios, e se iso fose así, deberiamos concluír que España ten motivos para ser feliz. Aos éxitos deportivos engádese o dos nosos potentados que aumentan a súa presenza no club dos supermillonarios e escalan postos ata o punto que xa é noso o 5º máis rico do mundo. Outro dato importante é o incrible crecemento da venda de vehículos de alta gama e de luxo.
Pero isto que pode parecer divertido, analizado seriamente non ten graza ningunha. Nestes anos que o Produto Interior Bruto está estancado, a mesma riqueza temos que repartila entre máis poboación. Agora que decrece, ese decrecemento sopórtase sobre as clases medias e baixas, uns con máis impostos e menos ingresos, e os outros con menos beneficios sociais.
Pero se o PIB é a suma da "riqueza" de todos os cidadáns, resulta que se os millonarios teñen máis, os demais temos menos. É dicir. Non só temos que soportar a baixada do P.I.B. senón tamén o aumento dos beneficios e capital dos "pobres" ricos.
Por iso temos que facer unha folga xeral, pero non unha folga total. A nosa mente e o noso corpo non se dedicarán ao traballo. Farán folga. Pero o noso corpo ten que traballar na participación activa nas manifestacións. E a nosa mente ten que ocuparse totalmente en pensar de onde vimos, onde imos, porqué acontece isto e sobre todo, onde queremos ir.
Non me puxen transcendente. Sigo falando de política.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (1)
 
  • » O 29 non podemos facer folga total. « - Rafa Castillo. - 9/03/2012 17:37 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje