Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  6/12/2011 11:55 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder O burato negro.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
A ciencia define o burato negro como un corpo espacial formado por neutróns colapsados de tal densidade, por redución do volume, que provoca unha forza de gravidade tan elevada que nin a luz se escapa do seu interior. E esta gravidade atrae toda a masa existente na súa arredor de forma que a materia é atraída ao seu interior como a auga que xira en espiral sobre o centro dun sumidoiro.
E a iso estanos a levar a política imposta por do dúo Merkozy e inspirada polos teóricos do ultraliberalismo e polas forzas ocultas do PODER. A unha espiral viciosa que rematará no colapso da sociedade que coñecemos.
Non son necesarios moitos coñecementos de economía para saber que para montar unha empresa, o emprendedor ten que ter acceso ao crédito (condición necesaria) pero sobre todo ten que ter garantía de vender os seus produtos (condición abondo), xa que sen esa expectativa, nin el se animará a crear a empresa, e no suposto de que o fixese, ninguén lle faría un préstamo.
Pero velaquí que a parella que nos goberna decidiu que o importante é que houbese crédito e que para iso era necesario acabar coa débeda pública que pasou a ser a nai de todos os males mesmo en países como España nos que non superaba o 60% do PIB. (Francia 82%, Alemania 83,2%).
Nesas circunstancias o 11 de maio de 2010 a prima de risco de España estaba en 99 puntos básicos. A UE obrigou a España a adoptar o día 12 medidas moi drásticas que empezaron na autoinmolación do Presidente "cústeme o que me custe", e por suposto co sacrificio de pensionistas, empregados públicos mileuristas (que son a maioría) e consumidores en xeral. Un mes despois a prima de risco que ata entón era asumible duplicárase chegando aos 208 puntos. E de aí seguiu crecendo con altibaixos ata chegar aos 441 puntos en plena resaca electoral, crecendo máis canto máis duras eran as medidas impostas.
Por que creceu entón? Porque os investidores actúan pola súa conta e segundo os seus propios criterios. E a ninguén se lle escapa que se se reduce o gasto público aumenta o paro, se se sobe o IVE baixa o consumo, igual que se se conxelan pensións e se reducen soldos. E se baixa o consumo privado, baixa a recadación do Estado, e polo tanto será máis difícil que poida pagar a débeda, co que sobe a prima e o fai aínda máis difícil. Seguimos endurecendo as condicións e segue crecendo a prima indefinidamente ata que un día chegue a ser impagable.
Pero ademais das consecuencias macroeconómicas están as que afectan ás persoas. Onte mesmo dicíanos a OCDE que a diferenza entre os máis ricos e os máis pobres era a maior dos últimos 30 anos, e que había máis pobres. E, engado eu, eses máis pobres con menos beneficios sociais que, ademais, seguirán recortándose.
E é curioso, porque se hai máis diñeiro en mans dos ricos, e dado que por moito que gaste, unha persoa ten un límite na súa capacidade de gastar, se supón que hai máis aforro. Por que entón non hai crédito? A resposta non pode ser outra. Ese diñeiro non vai ao crédito porque vai á especulación co que se agrava o problema.
Por certo. Hai países que teñen a prima de risco negativa. O mesmo 11 de maio de 2010 que o noso país a tiña en 99 puntos, os Estados Unidos tíñana no 59%. Mentres nós adoptabamos medidas restritivas, Obama tomábaas expansivas aumentando o gasto social e a inversión. Estes días, mentres nós bailabamos arredor dos 400 eles roldaban o -30. Sigamos, Europa, no noso burato negro.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (2)
 
  • » O burato negro. « - Rafa Castillo. - 6/12/2011 11:55 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje