SG/balonga     Fecha  9/05/2013 20:33 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder O Cancioneiro de Afonso Paez   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Henrique Monteagudo, “O Cancioneiro de Afonso Paez testemuña que o cultivo poético do galego permaneceu despois da escola lírica galego-portuguesa”Poesía galega postrobadoresca, datada entre 1380 e 1430, asignada a Afonso Paez.
“En cadea sen prijon” é o título do volume editado polo profesor Henrique Monteagudo despois da singular aparición dun novo cancioneiro para a lírica galega. O achádego, ao seu ver, é histórico en tanto que descobre que a poesía galega continuou mesmo “despois do apagamento da escola lírica galego-portuguesa”. Ao seu ver, algunha das súas composicións merecen tomar parte nas antoloxías da nosa poesía.

Chuzar Difundir Carme Vidal hai cerca de 9 horas

Henrique Monteagudo -Como foi o achádego do Cancioneiro de Afonso Paez?

A descuberta foi realizada en 2011 por Dolores Pereira Oliveira, do Arquivo Histórico Provincial de Lugo, e Gabriel Quiroga, daquela Director do Arquivo de Galicia. Estaban a revisar un rico fondo documental propiedade de dona Pilar Iglesias Osorio, un fondo que proviña dunha rama da familia Osorio, unha das máis relevantes da nobreza galega da idade moderna, aparentada cos Pita da Veiga, os Andrade e os Lemos. Ese fondo contén documentos de distinto tipo desde o século XV en diante.
Sorprendeulles atopar polo medio uns textos en verso galego, xuntos a uns instrumentos notariais labrados en Ferrol entre 1432 e 1435. Gabriel pediume que informase sobre a antigüidade, carácter e valor filolóxico daqueles textos. Ao comprobar a súa data e ver que eran totalmente inéditos, decateime inmediatamente de que estabamos ante un testemuño excepcional do cultivo poético do galego nos finais do século XIV e comezos do XV. A sospeita inicial converteuse en certeza ao analizar a súa lingua e comparalos coas composicións coetáneas contidas no Cancionero de Baena, compilado en 1435.
E, por certo, o achado demostra a importancia de contar cun bo corpo profesional de arquiveiros, que fan un traballo magnífico e pouco lucido, pero que resulta fundamental para a conservación e valorización do noso patrimonio, tamén el ameazado pola política de recortes dos servizos públicos.

-Por que se atribúe a Afonso Paez?

Despois dun estudo minucioso (e laborioso) do manuscrito, cheguei á conclusión de que era acéfalo, isto é, que lle faltan unha ou varias follas ao comezo. Dado que as composicións non veñen atribuídas aos seus presumibles autores (como acontecería se o cancioneiro fose unha recompilación de varios poetas), é loxico supor que son todas elas dun mesmo autor, e que o nome deste debía figurar ao comezo do manuscrito, no folio ou folios perdidos. Pero ao final do manuscrito recóllense dous poemas, unha 'pergunta' e unha 'resposta', que si aparecen co nome de cadanseu autor: Afonso Paez (ou Perez) e Johan Garcia. Observei que nos cancioneiros da época, este tipo de composicións adoitan ir agrupadas cos poemas do autor que fai a pregunta; neste caso, todos os poemas serían de Afonso. Pero non é máis ca unha hipótese plausible, que, a falta de mellores argumentos, coido que debe aceptarse.

-Que relevancia ten para a nosa historia literaria a aparición destes textos?

O cancioneiro testemuña que, contra o que se pensaba, o cultivo poético do galego permaneceu despois do apagamento da escola lírica galego-portuguesa, isto é, despois de 1350. E non só nas cortes de Castela e en man de poetas basicamente casteláns, senón tamén en Galicia e por poetas galegos. Isto é extraordinario, se pensamos que en Portugal non temos case ningún exemplo de poesía desde 1350 ata case a metade do século XV. Por outra banda, a poesía en castelán dese período, recollida no Cancionero de Baena, ten un carácter ben distinto aos textos que acabamos de traer a lume. En realidade, o descubrimento ten unha grande importancia para toda a historia literaria peninsular.


-O conxunto poético descuberto pertence a un periodo que non era especialmente vizoso en relación á etapa de esplendor da escola trovadoresca, que supón para o corpus medieval este achádego?

O Cancionero de Baena (compilado en 1435 e que chegou a nós nunha copia de 1460) recolle unhas 80 composicións nun galego moi deturpado, case todas escritas polo castelán Alfonso Álvarez de Villasandino e o andaluz Garci Fernández de Gerena. Só recolle dous poetas galegos e en galego (Macías e o Arcediago de Toro), con escasamente dez textos, como dixen moi deturpados lingüísticamente. A maior parte destas composicións son cantigas amorosas, xa ben afastadas do gusto trobadoresco galego-portugués.
O cancioneiro de Afonso Paez mostra maior proximidade temática á vella lírica galego-portuguesa, sobre todo no aspecto amoroso (claramente predominante), aínda que tamén incorpora cousas novas. O máis notable, porén, é que se trata non de cantigas (poemas musicados), senón de dizeres, isto é, poemas para ser lidos. Ata agora pensánbase que a decadencia do cultivo poético do galego era estritamente paralela ao abandono da poesía cantada e da voga da poesía recitada, xa en castelán. Haberá que revisar tamén ese punto.

-Trátase de poesía basicamente amorosa mais conta cun texto relixioso que vostede califica de singular. Afirma que ten que pasar a formar parte das antoloxías da literatura galega. En que fundamenta a súa relevancia?

O poema piadoso, considerablemente longo (máis de cen versos) é literariamenteo máis logrado e novidoso, pois responde a unha tradición completamente diferente ás Cantigas de Santa Maria de Afonso X o Sabio. Trátase dun tipo de composición relacionado co arrepentimento ante a inminencia da morte, unha especie de confesión en verso, moi notable tamén pola súa intensidade emotiva. Realmente, na literatura galega medieval non se atopa nada parecido a este extraordinario poema.

-Algunhas liñas de investigación defenden que a lingua das cantigas é unha koiné, un rexistro formal distinto da fala, ocorre o mesmo con este cancioneiro ou evidencia a lingua da época?

A lingua do manuscrito, igual que a do Cancioneiro da Ajuda e o Pergamiño Vindel (coas cantigas de Martin Codax) é un reflexo fiel do galego da época (nun rexistro literario, claro está), no caso destes da segunda metade do século XIII, no caso do noso cancioneiro da primeira metade do século XV. Téñase en conta que o groso da lírica trobadoresca nos chegou mediante unha compilación feita en Portugal a mediados do século XIV, e claramente (aínda que só superficialmente) lusitanizante, mentres que os textos do Cancionero de Baena e outros chegados a través de cancioneiros casteláns están lingüisticamente moi deturpados
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » O Cancioneiro de Afonso Paez « - SG/balonga - 9/05/2013 20:33 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje