Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  11/03/2012 16:14 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder O centrismo.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Cando, no seu segundo mandato, Aznar ensinou os dentes e o seu goberno empezou a facer políticas de extrema dereita, todos llo achacamos ao seu carácter persoal resentido e á influencia de elementos como Maior Orella no interior e George Bush dende fóra.
Pero moitos pensaban que eran elementos minoritarios dentro do partido popular. Crían que con Mariano Rajoy, Rodrigo Rato e especialmente Ruiz Gallardón, o PP retomaría a senda do centrodereita cara ao que sempre dicían camiñar, pero nunca daban chegado. Parecía que o paso que levaban nesa viaxe ao centro era o coñecido de Michael Jackson.
Retirados os Acebes e Zaplanas, parecía que o partido quedaba en mans destes centristas de pro. As moitas insidias vertidas achacábanselle a elementos illados como Pons, Esperanza ou López Pujalte. Pero era só o dobre xogo habitual dos populares.
Pero agora é Rajoy quen ten a maioría absoluta. E en só dous meses deixou ver o que escondía o seu programa oculto. Superou de sobra as expectativas dos máis pesimistas. Ata eu, que cría saber o que ía facer, me vin superado pola realidade.
E mentres el aplica os seus desexos na economía disfrazándoos de necesidade pola crise, Gallardón entretennos, non xa cunha reforma da lei do aborto, que non me gusta pero ía no seu programa, senón cunhas expresións, amplificadas logo por outros coríferos do partido que ruborizarían ao mesmo Barba Azul.
Así o PP nos mostra o que había baixo a súa pel de año. Voitres con plumas de gaivota. Espero que os cidadáns aprendan esta lección. O partido popular non é un partido centrado. Non é un partido de centro. Nin sequera de centrodereita. É un partido de dereita pura e dura. Por iso aquí non aflora un Le Pen, nin saca votos Falange. Están perfectamente representados por Rajoy.
En fin. Hai algún Suárez na sala?
Rafa Castillo.
[email protected]                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (1)
 
  • » O centrismo. « - Rafa Castillo. - 11/03/2012 16:14 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje