Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  6/07/2012 18:47 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder O Códice de José María.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Ao parecer, o Presidente do Goberno, que non ten tempo para comparecer a dar explicacións no Congreso, pero si para ir a Polonia e Ucraína a ver fútbol, virá a Santiago este fin de semana a presidir a entrega do Códice Calixtino á Catedral de Santiago. Para as fotos sempre ten tempo.
Pero, á parte do tempo perdido e o gasto que supón esa viaxe, don Mariano debería poñer atención no que fai, xa que, coa súa entrega, pode pasar a ser un colaborador necesario na destrución de tan importante patrimonio nacional. E non me refiro á eventualidade de que o electricista tivese queimado o Códice.
O presunto ladrón non só axenciouse o tan famoso libro senón diversos obxectos artísticos e de valor depositados na catedral, moitos dos cales terá vendido ata alcanzar, entre os beneficios dese negocio e os repasos aos cepillos, a nada desprezable cantidade de 1.200.000 €, 30.000 $ e o diñeiro necesario para comprar ao contado algún pisiño. Todo iso ao longo de varios anos.
Esta situación fálanos dunha inxustificable neglixencia in vixiando da igrexa con respecto ao patrimonio público que ten encomendado, ata o punto de que ninguén detectou as desaparicións de obxectos valiosos nos sucesivos roubos e furtos. E por suposto, unha falta de control contable sobre o diñeiro que xenerosamente depositan os seus fieis nos cepillos, que nunca alcanzarán o destino para o que o dan, nin sequera o destino para o que o piden. (que non son o mesmo)
Pero o colmo do asunto está en saber que o Códice se recoñeceu como auténtico, non pola certificación de expertos historiadores ou peritos, senón polas anotacións a bolígrafo que o Deán da Catedral fixera na contraportada e varias páxinas interiores.
Por iso non vexo eu claro iso de devolverlle o "seu" Códice ao Deán. Imaxinemos que pode acontecer se un día ten que darlle un número de teléfono a alguén e non ten outro papel a man.
Nunca mellor dito, Deus líbrenos.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » O Códice de José María. « - Rafael Castillo Reboiro. - 6/07/2012 18:47 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje