Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com Fecha  18/09/2013 10:19 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder O "problema" catalán.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Posiblemente empezou mal. Zapatero prometeu a Maragall que aprobaría o Estatut que el lle mandara, e a precipitación deste fixo que a casa se empezase polo tellado ata chegar á actual situación. E o que tivese sido o peche do "problema" catalán, converteuse nun agravamento tras o recurso do PP ante o Tribunal Constitucional e a sentenza deste podando o Estatut aprobado polas Cortes Xerais e con amplísimo consenso na sociedade catalá.
O seguinte foi a radicalización catalá (Converxencia) ata o dereito a decidir e a obstinación do goberno de Mariano Rajoy en non mover unha coma. Como remate a cadea multitudinaria do pasado 11 de setembro.
A situación é cada vez máis complexa. Por un lado, os partidos cataláns teñen présa para realizar a consulta popular en 2014. Por outro, a coñecida política de Rajoy de deixar que o tempo solucione os problemas. E por riba a aparición da extrema dereita española. En definitiva, a loita entre dous ultranacionalismos, catalán e español.
E non obstante a secesión sería a peor solución para todos. Para España porque perdería peso e a súa comunidade máis rica. Para Catalunya porque sería un estado, tamén de pouco peso, e fóra da Unión Europea na que tardaría un tempo en entrar. E ademais que, como nos divorcios, o problema non está en decidir separarse, senón na custodia dos nenos, a pensión compensatoria e a repartición de bens, diñeiro e débedas.
Por iso é necesario encontrar unha solución que satisfaga a todos. Se convivimos 500 anos baixo reinados absolutos e ditaduras, é posible que uns pobos civilizados non sexamos capaces de vivir xuntos en democracia, non de forma forzada, senón voluntaria e en harmonía? Eu creo que si. Que sen que España deixe de ser España, poidamos facer un país cómodo e agradable para todos. Non fai falta máis que vontade.
Fronte ás présas duns e a inactividade dos outros, hai que actuar xa pero con paciencia. Hai que empezar xa o debate, a traballar. E hai que aprazar a consulta ata acadar un consenso. Ben. O TC dixo que o Estatut non era constitucional. E non obstante reuniu o consenso suficiente para ser aprobado polas Cortes Xerais. Pois a solución é complexa, pero clara. O mesmo consenso que aprobou o Estatut pode servir para unha modificación da Constitución na que caiba ese Estatut.
O problema, claro, é o bloqueo do PP. Pero sen dúbida, máis pronto que tarde, perderá a súa maioría absoluta. O 2015 vén moi pouco despois do 2014.
Rafa Castillo.
rafacastillo2.blogspot.com                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (3)
 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje