Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  31/07/2012 13:01 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder O que che cambia o conto.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Pois claro que se reducimos o número de políticos aforramos diñeiro! Por moito que cobrase, cando só tiñamos un, saíanos máis barato. Pero é que o bo custa, e a pregunta non é se queremos aforrar senón que tipo de sociedade, de democracia, queremos.
En democracia é fundamental, non só a posibilidade da alternancia no poder, senón tamén a posibilidade de crecemento das opcións minoritarias ou a irrupción mesmo dalgunha nova cando as consolidadas deixan de responder ás demandas da sociedade. E reducir o número de representantes é poñer un ferrollo a estas opcións xa que a soleira de votos necesarios será maior.
Pero admitamos que chegamos á conclusión de que é bo reducir o número de deputados. Queda aínda por establecer o quen, o cantos, o cales e o porqué. E estes non son temas menores. Son a clave da pretendida reforma na que algúns, baixo o escudo do bo para o país, arriman en demasía o ascua á súa sardiña.
O quen nos volve poñer no caso do anuncio aquel do Scattergories no que o propietario do xogo se levaba o taboleiro porque non lle aceptaban polbo como animal de compañía. E, naturalmente, non é aceptable que no xogo cambie as normas o propietario da baralla. Por iso é totalmente inaceptable que a lexislación electoral se cambie unilateralmente por un partido aínda que teña unha ampla maioría absoluta, debendo conseguir o maior consenso que abranga á maioría dos grupos e unha maioría cualificada de deputados.
Importante é tamén o cantos porque a súa determinación non é pacífica. É doadamente comprensible que nun concello, que é unha circunscrición electoral única, establecer en 30 ou 40 o número de concelleiros permite unha pluralidade suficiente sen coartar a eventual presentación de novas alternativas. Igual nas comunidades uniprovinciais. Pero nas demais hai que ter en conta o número de provincias e a distribución da poboación entre elas, de xeito que nas menos poboadas haxa suficiente número de deputados para garantir unha suficiente pluralidade, pero que as demais non saian desfavorecidas por unha ratio moi diferente entre poboación e representantes.
E para analizar o porqué, concretemos no caso proposto para Galicia. Na actualidade hai 75 deputados que se distribúen en 10 por provincia (40) e os 35 restantes en función da poboación. Este sistema prima a representación de Lugo e Ourense que dispoñen dunha acta de deputado cada 23.000 habitantes, mentres que na Coruña e Pontevedra fan falta 47.000, 2.05 veces máis.
Preténdese agora reducir 14 deputados, pero, e aí está o porqué, reducindo todos da parte proporcional, é dicir mantéñense os 40 fixos e déixanse só 21 para distribuír proporcionalmente. Iso lévanos a que as provincias máis poboadas perden 9 e as menos poboadas 5, co que, a ratio entre habitantes e deputados aumenta en 4.000 en Lugo e Ourense e en once mil nas outras provincias, agravándose a discriminación contra estas últimas. E o segredo está en que, nas provincias orientais, o voto ao PP é máis elevado.
Pola contra, se se rebaixase a 7 os fixos por poboación (28) e destinásense os 33 restantes á repartición proporcional, as ratios aproxímanse quedando en 31.000 e 54.000, 1,74 veces. O que che cambia o conto.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (2)
 
  • » O que che cambia o conto. « - Rafael Castillo Reboiro. - 31/07/2012 13:01 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje