Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  28/11/2011 17:52 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder O traxe novo do Emperador.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
En resumo, o conto do traxe novo do Emperador, de Hans Christian Andersen, fálanos dun rei ao que engana un xastre dicindo que lle fará un traxe que só quen estea preparado para o seu traballo poderá ver sendo invisible para os demais. Tras cobrar o seu prezo, fai que lle entrega un inexistente traxe, pero o rei e todos os cortesáns din velo para non desvelar a súa incapacidade, ata que un neno berra que o rei vai nu.
Dende a época do Presidente Suárez vimos oíndo aquilo da soidade e incomunicación da Moncloa. Naturalmente non podemos esixir que un presidente, un ministro ou un líder dun partido pise a rúa a diario. E ten, polo tanto, que usar outros modos de pulsar a realidade da sociedade. O problema está en saber se o usan.
Cada vez a xente, e sobre todo a da esquerda social, séntese máis afastada dos seus representantes. Pero desgraciadamente os políticos só infórmanse polas enquisas e a prensa. E esta tampouco os informa sobre a realidade máis que dunha forma nesgada en función do seu editor.
Só en dúas ocasións encóntranse os políticos coas súas bases que, estas si, están máis en contacto coa sociedade. Os congresos e as campañas electorais.
Dende hai anos, os congresos limítanse a ser reunións con máis convidados que participantes, cheos de discursos (información de arriba abaixo) e reunións de relatorios para debater, rapidamente que logo hai que saír de marcha, un documento corta-pegado do anterior congreso, que case ninguén leu e do que se extraen unhas conclusións que case ninguén, nin os dirixentes, lerán. Pero iso si. Será con pequenos retoques a base do seguinte congreso.
Cos mitins pasa algo semellante. Só os militantes e simpatizantes acudimos a eles. Serven para levantar máis ou menos a moral, pero non para captar votos novos. Para dicir xenialidades sobre os rivais e elementos simples sobre os programas. Está ben, pero non é suficiente.
E o máis curioso prodúcese cando ao final dun acto, dunha cea mitin por exemplo, o militante de base ten o seu minuto para tocar ao dirixente e intercambiar unhas palabras. É entón cando acontece o contrario do que debería acontecer. En lugar de ser o líder, quen aproveitara o contacto para preguntar ao seu compañeiro polo pulso da rúa que el, pola súa ocupación, non pode percibir, é o militante quen lle pregunta como vai a "cousa" para saber se esa lenda urbana das enquisas internas desmente a unanimidade das publicadas.
E así é como todos vemos nitidamente o traxe invisible do emperador nu.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » O traxe novo do Emperador. « - Rafa Castillo. - 28/11/2011 17:52 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje