Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  30/11/2011 21:25 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder O único importante?   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
O 14 de xaneiro de 2002 foi noticia que George W. Bush desmaiouse ao atragoarse cunha galleta salgada (pretzel) mentres vía fútbol americano no televisor. E é que, aínda que pareza mentira, hai cerebros privilexiados que só son capaces de facer unha cousa a un tempo.
Quen sabe. Talvez sexa esta a causa de que personaxes como Bush, Aznar, Rajoy e outros opten polo pensamento único (e simple). Posiblemente a neurona que habita os seus cranios adoeza de capacidade para resolver problemas máis alá da regra de tres simple, e atásquese no sempre difícil intento de contrapoñer dúas teses ou dúas ideas diferentes.
Esa incapacidade fixo, por exemplo, que na primeira lexislatura de Zapatero non soubesen máis que falar da traizón do Goberno de España na loita antiterrorista e que en consecuencia en toda ela e a seguinte non fosen quen de facer algo positivo presentando propostas ou apoiando, mesmo criticamente, as do goberno.
Pero claro. No simplismo non hai grises, só branco ou negro. O comigo ou contra min, sen matices. De aí a súa incapacidade para negociar ao non ser capaces de torar a súa proposta e intercambiar anacos cos demais. Xa o presidente fundador dicía no seu día España, o único importante, en vez de dicir, por exemplo, o máis importante.
Así pois, e posto que non o remediamos, espéranos unha lexislatura monotemática dedicada só á economía. Que se absteñan os que queiran formular outros asuntos. Todos os ministros, dende os de Interior ou Xustiza ata os de Cultura ou Medio Ambiente dedicaranse en exclusiva á economía.
Así o dixo o xa habitual nestas páxinas González Pons. "O problema dos españois non é Franco é o paro". Pois, non home. Pois non. O paro é o primeiro problema, é o problema máis importante, sen dúbida. Pero hai máis problemas. Non é o único. E elixíusevos para intentar resolvelos todos. Que ese problema, o de Franco, non vos afecte a vós, non quere dicir que non exista. E aínda que chega tarde, aínda viven cidadáns que o padeceron e non estaría mal que se solucionase antes do falecemento de todos.
Por se non vos decatarades, ademais dos votantes do PP hai máis cidadáns españois. E son tamén importantes. Un simple movemento dos ollos a ambos os dous lados abondará para que os vexades. De nada.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » O único importante? « - Rafa Castillo. - 30/11/2011 21:25 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje