Da Vicepr.1 da Deputación de Lugo.    forodebrollon@gmail.com http://www.v1deputacionlugo.org/noticias.php?id=1125# Fecha  8/05/2012 13:20 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows NT


Volver al foro Responder O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, aisiste á Feira do Viño   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje


http://www.v1deputacionlugo.org/noticias.php?id=1125#

Na mañá do domingo, 6 de maio, o vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, participou na inauguración da XXI da Feira do Viño de Vilachá, organizada polo concello A Pobra do Brollón, e que este ano estivo ambientada no ano 1900.
O acto inaugural contou co pregón do arqueólogo Xurxo Ayán Vila, e a presenza do alcalde da Pobra do Brollón, José Luis Maceda, e o concelleiro Ricardo Rodicio.

Esta XXI edición arrancou o sábado pola noite, cunha chourizada popular e os concertos de “Os Cuchufellos” e “Salta no Cribo”. Pero o día grande foi o domingo, xornada na que os viticultores da zona transformaron as súas antigas adegas de pedra, un dos principais atractivos desta cita, en cantinas máis ou menos improvisadas nas que os visitantes puideron probar o viño de Vilachá. Todo isto acompañado con polbo e actuacións musicais.

Antonio Veiga salientou “a peculiaridade que presentan o conxunto de adegas do pobo, vestidas de pedra, que ofrecen un conxunto exemplar da arquitectura rural vitícola”.

Antonio Veiga ofreceu “o apoio para vindeiras edicións desta Feira do Viño de Vilachá, xa que desde a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo temos claro o noso apoio ao asociacionismo cultural de base, xa que é aquí onde está o auténtico motor cultural do noso país e tamén, como podemos comprobar en ocasións coma hoxe, o motor moitas veces social e económico. Porque grazas a este tipo de iniciativas o noso medio rural ten vida e seguiraa tendo”.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje