Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  8/03/2013 18:23 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Onde imos?   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Se queremos saír do pozo no que está o noso partido, temos que empezar por definir as liñas vermellas que demarcan os nosos límites, e despois respectalas escrupulosamente. Se non o facemos así é que non entendemos á sociedade e esta viraranos de novo as costas.
Hai 12 anos todos nos escandalizamos, e con razón, polo caso Nevenka de Ponferrada. Esta concelleira, do grupo popular, acusou de acoso ao seu compañeiro de partido e candidatura o alcalde Ismael Álvarez. E resgámonos as vestiduras, outra vez con razón, cando tras a condena e cesamento do alcalde, Ana Botella gabou a "actitude impecable" do acosador sen ningún xesto de solidariedade para a vítima.
E agora? Parece que dalgúns dos nosos dirixentes se pode predicar o que o dito popular atribúe aos curas: facede o que digo, pero non fagades o que fago. Por iso en Ponferrada, ao parecer co consentimento dalgunha superioridade, os nosos concelleiros fixeron unha moción de censura apoiados no acosador e tránsfuga.
É que vale todo para conseguir unha alcaldía? É que polo poder pechamos ollos e tapamos narices ante calquera inmundicia? Como queremos que nos acepte a sociedade se fallamos no máis evidente? É que se Ismael Álvarez houbese sido dos nosos, xa en 2001 teriamos mirado para outro lado e defendido ao acosador?
E conste que me refiro ao en pasado. Foi acosador. Non sei se o segue sendo ou se arrepentiu. Pero en política o máis importante é a ética. Pero a estética é imprescindible. E non podo sentir máis que vergoña cando alguén me formula esta situación.
Por iso, como militante socialista, quero expresar sen paliativos a máis enérxica condena sobre esta moción, os que a fixeron, os que a apoiaron e os que a consentiron. Compañeiros e compañeiras. Se este é o camiño polo que imos permitir que siga circulando noso partido, avisádeme que me apeo.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (1)
 
  • » Onde imos? « - Rafa Castillo. - 8/03/2013 18:23 
    • Re: Onde imos? - damaso lopez garcia - 8/03/2013 19:51 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje