Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  25/07/2012 11:39 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Os Pactos da Moncloa.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
O pasamento onte de Gregorio Peces Barba, un dos relatores da Constitución, dános ocasión de reflexionar sobre se o consenso que se alcanzou naquela época, cando xunto á Carta Magna se asinaron os Pactos da Moncloa nunha situación económica difícil, se podería repetir agora.
Realmente é moi difícil cun partido que foi un completo irresponsable na oposición (frase de Montoro a unha deputada de CC cando este partido apoiou ao PSOE porque senón España de afundía: déixaa que caia que xa a levantaremos nós) e que o segue sendo no presente. O acontecido onte coa publicación de que España, Francia e Italia esixen... desmentida de inmediato polos dous países, ou aquelas declaracións de Rajoy de que premera a Europa, son dous exemplos paradigmáticos.
E enriba o presidente, que se sente como pez na auga aplicando o programa que leva no ADN, é incapaz de dialogar con ninguén. Ningunea a Rubalcaba cando este lle ofrece un pacto de Estado, non fala cos demais partidos, non recibiu aos sindicatos, aínda que si á patronal, non dialoga coas Comunidades Autónomas que non son "súas", despreza o Parlamento, foxe da prensa e goberna por decreto sen molestarse nin en explicar a súa política á cidadanía agás en actos do seu partido.
E non obstante unha solución como aquela tería sido boa, aínda que agora é imposible, salvo no dubidoso caso de que o PP estivese disposto, nun prazo non moi afastado, a dar marcha atrás nas súas contrarreformas e renunciar ao ultraliberalismo económico e o neoconservadurismo ideolóxico que nos está a impoñer.
Eses pactos non evitarían ter que tomar medidas duras, pero sen dúbida serían distintas. E sobre todo, terían outro obxectivo. Serían medidas máis ponderadas e mellor repartidas. E conducirían a rebaixar o déficit, por suposto, pero deseñando un futuro de benestar sostido en lugar do que nos espera con este goberno que busca un crecemento que nin chegará, pero cunha inxusta repartición da riqueza, capitais máis libres pero cidadáns sen liberdades e pleno emprego, pero subemprego.
Con eses pactos os cidadáns saberiamos o límite dos sacrificios que nos corresponderían, pero veriamos que tamén os asumirían solidariamente as outras capas sociais. E veriamos un horizonte esperanzador a medio prazo o que nos faría máis levadeiras e asumibles as cargas que nos corresponderan. E o país mostraríase ante o exterior máis forte e unido.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Os Pactos da Moncloa. « - Rafael Castillo Reboiro. - 25/07/2012 11:39 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje