Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  12/08/2012 12:03 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Os parados de Zapatero.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Di o voceiro popular, Alfonso Alonso, que cos 400 € do Plan Prepara se están a pagar os parados de Zapatero. Ás veces as palabras cárgaas o demo, e o que hoxe dis pódese volver mañá contra ti. Se fosemos de tan baixa ralea como ese elemento, dentro duns anos, cando parte dos nosos impostos se destinen a devolver os cen mil millóns do rescate bancario, poderiamos afirmar que estamos a pagar os bancos de Rajoy e Alonso.
O que si está claro é a preferencia de cada quen. E Alonso ten moi claro que mentres para os bancos hai fondos ilimitados, para os parados darlles 400 € dependerá das posibilidades orzamentarias. A elección lle "honra".
Os parados, señor Alonso, non son de Zapatero. Son de España. Son os nosos concidadáns, sumidos na miseria por unha crise que non causaron e aos que, como sociedade, temos a obriga de axudar. E vostede elixe, pola contra, axudar a banca, ao gran capital que nos levou á crise.
Deixen xa de insultar a nosa intelixencia. Chegou xa a hora na que unha mentira repetida mil veces deixe de converterse en verdade. Zapatero puido non administrar suficientemente ben a crise (veredes como rematan vostedes) pero non causou a crise. A crise causouna a avaricia do capital, a ambición de executivos sen escrúpulos, a desregulación do sistema capitalista, a falta de gobernanza do mundo global e en España agravouse pola burbulla inmobiliaria que provocou o goberno de Aznar cando converteu todo o país nun soar.
E paren xa con tanta demagoxia. O Plan Prepara non conduce á inserción laboral por ser un mal plan. Non hai inserción porque non hai mercado laboral no que inserirse. Non hai demanda de emprego. Non hai postos de traballo libres onde colocarse. Menten como mentiron ao expropiar aos parados o 10% da prestación dicindo que é para incentivar a busca de emprego. Onde? Se hai dous millóns que non teñen ningún ingreso e non encontran emprego, cren vostedes que é por falta de motivación?
Como diría o bo de Labordeta, váianse á m...!
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (1)
 
  • » Os parados de Zapatero. « - Rafael Castillo Reboiro. - 12/08/2012 12:03 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje