Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  29/01/2012 18:55 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Pregón.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
O arcebispo de Valladolid, Ricardo Blázquez, dixo que a Vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, non é a persoa idónea para pregoar a Semana Santa valisoletana. E eu estou de acordo con el. Ou non.
O pregón é a promulgación ou publicación que en voz alta se fai nos sitios públicos de algo que convén que todos saiban. Polo tanto, se o pregón anuncia as festas da cidade, de interese para todos os cidadáns independentemente de que inclúan ou non actos litúrxicos, a opinión do arcebispo non debería ter máis valor que a de calquera veciño de Pucela.
Se, en cambio, o pregón é do propio acto relixioso en se, entón é lóxico que a Vicepresidenta non o faga. Nin ela nin ningún representante do goberno de todos os españois, deste ou dos anteriores. Non ten quen nos representa porqué participar en nome de todos nun acto dunha confesión relixiosa concreta, e menos cando as regras que a rexen non superarían os mínimos esixibles para ser inscrita nun rexistro de asociacións.
Claro que as declaracións de Blázquez van na liña da tradicional moral da igrexa. Moral de dobre ancho e que se describe perfectamente con aquilo dos sepulcros branquexados por fóra pero cheos de corrupción dentro. A que menospreza unha ministra casada civilmente ou aparta do ensino unha profesora casada cun divorciado (véxase que ela non é divorciada) pero que perdoa como unha debilidade humana os actos de pederastia dalgúns dos seus membros cos menores deixados de boa fe ao seu cargo.
A ver cando asumimos dunha vez e sen complexos que somos un estado aconfesional e empezamos a avanzar a ser un estado laico.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Pregón. « - Rafa Castillo. - 29/01/2012 18:55 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje