Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  14/03/2012 21:20 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Que felicidade!   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
O goberno de España tomou a decisión "soberana" de obedecer a Merkosí e establecer o máximo do déficit para 2012 no 5,3%. Agora Europa xa non nos impón a política a seguir como a Zapatero; é que ao noso goberno lle gusta.
E non é mentira de todo. Nun estraño paso de baile o PP está a facer a política que quere, facendo ver que non quere pero llela impoñen, pero querendo demostrar a un tempo a súa soberanía e independencia.
Rajoy dixo en campaña que o seu goberno diría sempre a verdade aos españois. E é certo, non nos menten. Rinse de nós. Un di unha cousa, outro a contraria e o terceiro nin si nin non. E claro, ao final dixeron a verdade. Non sabemos aínda cal, pero dixérona.
Non soben os impostos, si os soben, pero impostos que leven, di Montoro entre gargalladas, a maior equidade. E claro, un pensa deseguida nun imposto ás grandes fortunas. Pero non, ilusos que somos. Subirán impostos indirectos ecuánimes, pero non o IVE, que ese prometeron que non, e eles sempre cumpren. Xa nun artigo anterior definín o Ministro de Facenda como a gargallada do réxime en paralelismo con aquel Solís que era o sorriso do franquismo.
A solución ao día seguinte. Como o gasóleo contamina máis que a gasolina, sóbense os impostos aos vehículos diesel, pero non con afán recadatorio, senón ambiental, que agora o primo de Mariano xa cre no cambio climático e hai que ser ecoloxistas. Iso implicará máis custos aos profesionais da estrada, e en consecuencia máis inflación. Pero é igual, que deixen de contaminar.
De Guindos, xogando co Presidente do Eurogrupo, nunha imaxe moi representativa da situación, dinos que o recorte adicional de 5.000 millóns de euros non afectarán ao crecemento e ao día seguinte Rajoy di que si. Está claro que a verdade está dita; xa veremos cal delas.
E mentres, a Reforma Laboral. A panacea de todos os males. A importante reforma que garantirá o crecemento imparable. Que non se pode tocar máis que en aspectos técnicos para non contaminar a maxia dos bens que nos augura. Pois non. Montoro dixo que non creará emprego por se mesma.
En fin. Se o día 30, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, aparece Montoro sorrinte, botémonos a tremer.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (1)
 
  • » Que felicidade! « - Rafa Castillo. - 14/03/2012 21:20 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje