Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  6/12/2012 20:54 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Que pareza unha crise!   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Este día da constitución encóntranos divididos entre quen quere desmarcarse dela, quen quere a súa reforma en maior ou menor medida, e quen, envolvido nunha bandeira como habitualmente, a declara inamovible, como inamovible era o Movemento do que proveñen.
E non obstante é outra mentira máis, como neles é habitual. Non queren unha reforma, que habería de ser consensuada para facer a que queren coa súa maioría. E non falo a futuros, falo de agora mesmo.
Dicía o Conde de Romanones, deixade que eles fagan as leis, que eu farei os regulamentos. E dese xeito os nosos populares van facendo a reforma constitucional que desexan sen tocar unha coma da Carta Magna. Vexamos algún caso.
Di o punto primeiro da Constitución: "1. España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político." Pois de toda a frase xa só se salva que España é un Estado.
O estado social vai desaparecendo inexorablemente con cada reforma e cada recorte. Cando se pon o resultado económico dun servizo antes do propio servizo. Cando se coidan os mercados e se deixa á súa sorte ás persoas.
Democrático segue séndoo formalmente, pero, pódese considerar democrático un goberno que non cumpre nin un ápice do seu programa, e chega ao poder e goberna dende a absoluta mentira, manipulando bastamente os medios públicos de comunicación ao seu servizo? Chegue con ver que lograron que todos os sectores sociais, asociacións e sindicatos, conservadores ou progresistas, se poñan de acordo.
Para ver se é de dereito, abonda un nome: Gallardón. Se mala era unha xustiza lenta, peor é unha xustiza cara que non poidan utilizar a maioría das persoas. Naturalmente así será máis rápida, pero só para quen poida pagala.
Os valores de liberdade, xustiza, igualdade e pluralismo político vanse esfumando xunto ás definicións anteriores.
En cambio, do segundo punto do mesmo artigo, xa non queda nada: "2. A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado,". Todos sabemos hoxe que a soberanía reside nos mercados de onde emanan os poderes monicreques dos gobernos. Parafraseando a coñecida expresión do despotismo ilustrado, todo para o capital, pero sen o pobo.
E así poderiamos ir analizando artigo a artigo dende os declarativos de dereitos aos demais de carácter programático. E o medio que empregan é moi sinxelo. Non suprimen ningún dereito recoñecido. Baléiranos de contido ou afástanos do alcance do común dos cidadáns. Non privatizan o servizo, privatizan a xestión e en prol do equilibrio económico deixan que o servizo vaia desaparecendo.
E aí temos a súa reforma constitucional encuberta. Sen necesidade de consensos nin de votacións. Sen debate, sen referendo. Sen sequera dicilo. Así, pola vía de feito eles sós e a costas do pobo.
Que pareza unha crise!
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Que pareza unha crise! « - Rafa Castillo. - 6/12/2012 20:54 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje