Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  27/08/2012 12:38 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Razóns de Estado?   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
O 21 de outubro haberá eleccións autonómicas en Euskadi e Galicia. Será a segunda vez que ambas as dúas se celebren na mesma data. Na anterior, Galicia remataba o seu mandato e foi o PNV quen decidiu adiantar as vascas para facelas coincidir. Neste caso son as dúas as que se adiantan, só que as galegas a remolque das outras.
Pero os motivos de ambos os dous adiantos son totalmente diferentes. En Euskadi, Patxi López faino porque a estas alturas cumpriu basicamente os seus obxectivos e ten imposible a aprobación do presuposto 2013. Podería optar pola prórroga presupostaria e aguantar ata marzo tendo en conta que a súa reelección é practicamente imposible e dando tempo ademais a que Bildu se queime un pouco máis nos sitios que goberna, particularmente na Deputación Foral de Guipúscoa. Pero Patxi é consciente de que na actual crise se necesita un presuposto ad hoc e polo tanto adiántaas.
En Galicia a situación é diferente. Feijoo dispón da maioría absoluta necesaria para aprobar os presupostos que estime oportuno, e non obstante adianta as eleccións condenando á comunidade a unha prórroga presupostaria e posiblemente non dispoñer de presupostos ata ben entrado 2013, co problema que iso supón na actualidade, como vimos a nivel estado neste ano. Pero interesan máis, para Feijoo, os cálculos electorais e os intereses de partido.
Feijoo sabía que tanto os presupostos do Estado, coma os de Galicia, ían prexudicar as súas opcións electorais en marzo. Podía adiantalas por propia iniciativa pero sería riscado de irresponsable e ademais, se Patxi López non o seguía habería dous procesos seguidos. Por iso, para minimizar perdas e ter opcións de gobernar pretendía o pucherazo electoral recortando presenza ás provincias máis urbanas e habitadas.
Pero agora ten o pretexto ideal para adiantalas, co premiso do xefe, Mariano Rajoy, delegado de Ángela Merkel para os asuntos españois. Así evita ter que facer unha proposta de presupostos que ía ser de tesoira total, e espera que o presuposto do Estado non lle faga dano xa que a súa realidade non se coñecerá ata o ver no BOE.
E ten ademais o valor engadido, para os populares, de que o PSdeG non celebrou aínda as súas primarias e encóntrase cun liderado non consolidado nin universalmente valorado, e o BNG encóntrase nunha situación difícil polas súas tensións internas que persisten despois das recentes escisións.
Pero hai unha parte máis sutil. Cando hai tres anos e medio o Lendakari do PNV fixo coincidir as eleccións vascas coas galegas, tan celosos que son os nacionalistas vascos da súa non suxeición ao resto, tiña un motivo oculto. A esperanza que a liorta entre PP e PSOE en Galicia, estendida aos líderes nacionais, fora un pau na roda do previsible pacto entre o PSE e o PP vasco.
E agora o noso Feijoo intenta o mesmo á inversa. Vestirao como queira, pero adiántaas porque ten a esperanza de que, o enfrontamento previsible entre nacionalistas e socialistas en Euskadi, se reflicta en Galicia entre o PSdeG e o BNG.
Como se ve, política de estado. Do estado do meu.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Razóns de Estado? « - Rafael Castillo Reboiro. - 27/08/2012 12:38 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje