Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  26/09/2012 19:12 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Re: Xogar coa Constitución.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
O problema de todo isto, Óscar, é que estamos nun país gobernado, a todos os niveis por unha sarta de irresponsables.
fíxate que dende as municipais de maio/2011, que tocaban, imos ter en ano e medio 5 procesos electorais: municipais, xerais, andaluzas e asturianas, galegas e vascas e agora catalanas.
Analicemos as que están sen facer. Patxi López vese forzado a convocalas porque o PPV, obtido o obxectivo de acabar con ETA e gobernar en España, buscou o primeiro proceso para rachar co PSE. Polo tanto non pode facer orzamento e convoca.
Feijoo ten maioría suficiente para facer orzamento e ter eleccións en marzo. Sería o máis responsable que a 1 de xaneiro houbese orzamento, e máis en crise. Pero non. Dalle a volta a argumento e di que convoca para que o novo orzamento o aprobe o novo goberno... deica seis meses e sen coñecer a situación? Mentira. O que pasa e que se as adianta non ten que facer el un orzamento impsible sen facer grandes recortes. O xoves 25 de outubro pedirá o rescate para Galicia.
Artur Más tampouco e quen de facer un orzamento que non sexa restrictivo. Entón, aproveitando que Rajoy non lle concede o pacto fiscal... como o scatergoris é del, envolvese na bandeira e adianta eleccións coa proposta dun referendo... xa ninguén se acorda en Catalunya de situación económica...
O mesmo Rajoy foi onte á ONU a reabrir a liorta co Reino Unido por Gibraltar, que xunto a isla de Perexil é o tema que non deixa durmir aos cidadáns.
E mentres estes vendo que lles caen por todos lados, non sabebdo xa que goberna, se aquí ou en Berlín, e que ninguén propón unha solución de esperanza para o seu futuro.
xenial.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • Xogar coa Constitución. - Rafa Castillo. - 24/09/2012 21:10 
    • Re: Xogar coa Constitución. - Óscar - 26/09/2012 18:54 
      • » Re: Xogar coa Constitución. « - Rafa Castillo. - 26/09/2012 19:12 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje