Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  22/11/2011 01:38 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Re: Zapatero debe dimitir como secretario general del PSOE   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Na espera dunha reflexión máis sosegada sen a premura da inmediatez dos resultados, quixera matizar dous ou tres puntos deste artigo de El País.
Primeiro. A diferenza de certos sectores da dereita cavernícola (ollo, non digo toda a dereita) que se rexe polo Oráculo de Delfos que constitúen El Mundo, Intereconomía, a Cope, La Razón e similares, as opinións de El País, La Sexta, Público y similares pode ser para os socialistas importante, pero non determinante.
É polo tanto o PSOE quen ten que marcar os seus tempos.
Segundo. Asentado o anterior, non vexo a prisa dun congreso do partido. Zapatero, aínda que Secretario Xeral, xa non ten o poder político xa que nin é deputado. Polo tanto a ninguén lle importa se nos o temos nese posto interno ata que se celebre o Congreso do Partido.
Congreso ao que non lle vexo urxencia xa que logo o ciclo político é de 4 anos, e que, sen demoralo demasiado, debe facerse co tempo suficiente para que non se lle hurte aos militantes o necesario debate de xeito que o congreso xire máis sobre ideas que sobre persoas.
Terceiro. O tempo que Zapatero estableceu entre o anuncio e as eleccións, foi para asumir a "culpa" das medidas impopulares que adoptou e deixas ao seu sucesor libre desa hipoteca. No mesmo sentido foi a reforma constitucional, que xa deixei sobradamente escrito que non comparto, pero que entendo.
Carto. É certo o escaso peso actual de España no concerto internacional. Pero tamén hai que lle recoñecer algo a Zapatero. Por primeira vez estamos no G-20, e que se nos non temos peso é porqué ninguén o ten xa, coa excepción de Anxela Merkel, vicaria dos mercados na UE.
Pero o papel internacional de España, que chegou a cotas impensables con Felipe González, foi na práctica devaluado cando Aznar se convirtíu no primeiro mamporrero de George W. Bush.
Quinto. Que goberno en toda Europa que se someteu nos últimos tres anos a un proceso electorial revalidou o poder? A ver se alguén é capaz de citarme máis dos que o famoso mercado cambiou neste mes sen eleccións, Italia e Grecia. O sacrificio de Zapatero (me cueste lo que me cueste) foi talvez que permitiu que tivésemos eleccións.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje