Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  29/11/2011 21:06 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Recortando, que é xerundio.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Pasadas as eleccións, quen parecía terse convertido en Partido Proletario volve ser o PP de toda a vida, e avanza entusiasmado cara ás reformas que hai dúas semanas negaba. E iso que Rajoy non goberna. Bo, case nin está.
Pero os seus cachorros, que ocultaban as súas intencións ata o día 20, séntense libres para ir á xugular da presa ata rematar con este estado do benestar que tanto lles molesta. Onde haxa unha boa beneficencia...!
E aínda que algúns o fan xa sen disimulos, outros séguense ocultando en eufemismos e frases rocambolescas para disimular a actuación. Así se cambia o copagamento por tícket moderador, como fai Artur Más en Catalunya ou se fala de uso irresponsable da sanidade, como Feijoo en Galicia, coma se existise algún cidadán que vai ao médico por pracer. Dirase talvez que os hipocondríacos usan a medicina sen motivo, pero quen o di é que o ve só dende unha óptica economicista, xa que dende a sanitaria é unha enfermidade mental.
En todo caso, a maioría das medidas que se xustifican para evitar o abuso dos cidadáns, non serven para ese obxectivo, senón simplemente para aumentar a recadación. E co dano colateral de que pode chegar a ser malo para o usuario. É o que pasa co xa mencionado copagamento dos medicamentos. Non evitará que se consuma unha pastilla non necesaria salvo irresponsabilidade do médico. É que non se decatan que ningún paciente toma con cargo ao Servizo Público de Saúde ningún medicamento que non receitase un médico? Polo tanto, pagar o medicamento só servirá para que quen non teña medios deixe de tomar a medicación que necesita.
Pero aínda hai algo que me ofende máis. A demagoxia de presentar como xustas medidas regresivas. E que, quen pensa en recortar as prestacións dos parados e ademais abaratar o despedimento, úseos como pretexto.
Así o fai Esperanza Aguirre quen, para xustificar o copagamento dos pensionistas, alude aos pobres parados que pagan o 40% dos seus medicamentos. Aínda Que bo. Por unha vez vou ter que darlle a razón á Condesa Consorte de Murillo. Pero non pola súa liña, senón pola contraria.
Ademais de ser gratuítos os medicamentos para os pensionistas, deberían de selo para os parados, para os que non chegan a mileuristas e para dona Esperanza, Grande de España, que non chega ao fin de mes... a pobre.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Recortando, que é xerundio. « - Rafa Castillo. - 29/11/2011 21:06 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje