Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.bogspot.es Fecha  7/08/2013 11:06 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Repugnante.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Contábase, en época de Juan Pablo II un chiste que dicía que o papa fora a un país africano a inaugurar unha nova basílica e unha monxa presentoulle para bendicir un neno nos seus brazos de aspecto consumido. O papa inquiriu: que lle pasa a este neno? Ao que a monxa respondeu: santidade, é que non come nada. Entón o papa beliscando a meixela do neno díxolle: Hai que comer...!
Un informe do Valedor do pobo Catalán di que en Cataluña hai preto de 50.000 nenos cataláns non reciben unha alimentación axeitada e 751 menores de 16 anos sofren desnutrición, e Rafael Hernando, voceiro adxunto do PP no Congreso de Deputados, responde que a desnutrición infantil é responsabilidade dos pais e que considera repugnante que se utilice os nenos para facer demagoxia política.
Pois ben. Como o papa do chiste, o señor Hernando culpa os pais da desnutrición infantil. E pode que teña razón en moitos casos. Nos casos nos que os pais permitiron co seu voto que goberne o seu partido.
É indignante, coa que está a caer, coa cantidade de parados sen prestación, coa cantidade de familias con ingresos insuficientes, cos desafiuzamentos, que sexa deputado un tipo coa insensibilidade de Rafael Hernando. O mínimo que debía era calar por vergoña. E non digamos se cobrou algunha vez os famosos sobresoldos.
Á fin somos culpables da crise e enriba de que os nenos non coman. haberá que meter os pais no cárcere? Vostede si fai demagoxia cos nenos e a súa desnutrición mentres está ben mantido a cargo de todos.
Vostede, Rafael Hernando, si é repugnante.
Rafa Castillo.
rafacastillo2.bogspot.com                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (1)
 
  • » Repugnante. « - Rafa Castillo. - 7/08/2013 11:06 
    • Re: Repugnante. - Ana Pilar - 24/08/2013 04:20 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje