Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  17/07/2012 02:04 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Responsabilidade.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Tanto Rubalcaba como Felipe González destacaron repetidamente a importancia de que desde a oposición o PSOE actúe con responsabilidade. E, naturalmente, estou totalmente de acordo niso. No que discrepo é en cal é a responsabilidade que corresponde neste momento ao noso partido.
Posiblemente, se o PP non tivese maioría absoluta, o responsable sería facer o contrario ao que eles fixeron durante o goberno Zapatero. Facilitar, senón co apoio coa abstención, a gobernabilidade do país de forma que o goberno adoptase as medidas que estimase convenientes para enfrontar a crise.
Lamentablemente, o PP na oposición rexeitaba unhas medidas que no fondo desexaba e que acabou adoptando corrixidas e ampliadas. Ninguén esperaba deles unha alternativa real ao que Zapatero viuse obrigado a facer en maio de 2010. Pero nós somos un partido de esquerda.
Partindo da premisa xa indicada de que o PP ten maioría suficiente para gobernar, o PSOE debería de mostrar á cidadanía unha alternativa clara desde o pensamento socialista que supoña para ela unha luz de esperanza ao final do túnel. Teñamos en conta que Rajoy non só atende ás imposicións dos oráculos do mercado, senón que aproveita a situación para cargarse na mesma xogada o Estado das Autonomías e o Estado do Benestar.
A situación hoxe da cidadanía é insustentable. É unha pota fervendo lista para sobordar en calquera momento. O nivel de indignación existente supera con fartura o do 15-M e afecta a case todos os colectivos. Policías, bombeiros, funcionarios, a educación, a sanidade, os servizos sociais, intelectuais, investigadores, o mundo da cultura... todos séntense danados nos seus dereitos sen ver sequera un xesto no que pareza que os privilexiados tamén achegan sacrificios. Até os sempre deostados funcionarios senten hoxe o apoio e comprensión dos demais.
Por iso a responsabilidade do PSOE está máis que no apoio ao goberno en construír unha alternativa radicalmente oposta ao feito até agora, sen ningún tipo de complexo, e desde unha óptica abertamente progresista, socialista e de esquerda. E sen rexeitar en beber, cando sexa necesario, nas fontes da orixe do pensamento socialista.
Só así seremos útiles á sociedade. Só así recolleremos o apoio dunha ampla maioría social. Só así a xente terá unha esperanza. Se non o facemos, a indignación social desbordarase e acabará seguindo a calquera visionario que lle expoña ideas simples pero que lles convenzan. O perigo da extrema dereita que vai calando en Europa, podería abrirse tamén camiño en España.
E se non o facemos así, para que servimos?
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Responsabilidade. « - Rafael Castillo Reboiro. - 17/07/2012 02:04 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje