Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  7/03/2013 21:13 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Responsabilidades.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Di Feijoo, sobre a morte dunha muller na espera de urxencias en Vigo, que haberá que investigar se houbo un erro no diagnóstico previo. Unha vez máis dende o PP, en Galicia, en España ou alí onde gobernen, trátase de enganar á cidadanía desenfocando o problema.
Pois claro que puido haber un erro no diagnostico previo. Terao feito un profesional, non un enviado de deus á terra. E podera e poderá equivocarse. Naturalmente haberá que pedir aos profesionais que aumenten a súa atención, que sigan os protocolos exhaustivamente. Pero haberá menos erros, nunca ningún.
E digo que desvían a atención, porque así eluden as súas responsabilidades. Que son as máis graves, porque son as que si se poderían evitar. Pero iso non interesa porque vai contra a súa política, contra a súa concepción da sociedade.
Ao parecer a paciente tivo que esperar nove minutos a que se lle fixese ese diagnóstico previo. E en tres horas non chegou a ser atendida. E iso que se rematara o colapso de días anteriores. É inaudito que se chame de urxencias a un servizo no que para atender ao paciente, por pouco grave que sexa a súa doenza, a espera sexa superior a tres horas. Algo falla.
E fallan os medios. Esta é a consecuencia directa da política de recortes á que nos obriga a troica e que tanto lle gusta ao PP. Os recortes de persoal, a non suplencia de baixas, levan inevitablemente a atrasos e perdida de calidade dos servizos básicos. E esta é autentícaa responsabilidade, a responsabilidade do señor Feijoo. No próximo debate sobre o estado da comunidade, Feijoo falaranos de eficiencia económica. Pero non recordará esta falecida.
Paren xa de mentir.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Responsabilidades. « - Rafa Castillo. - 7/03/2013 21:13 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje