 |
Cun LIMIAR DO LIMIAR SEN LIMITES, da poetisa Olga Novo, escribe o poeta lucense Claudio Rodríguez Fer no seu libro "Unha tempada no paraiso" a seguinte poesía:
ROSAS LIBRES
Onte pasei polo prado e vin unha rosa amarela; lembreime de ti e non a collín. Onte senteime no xardín e vin unha rosa vermella; lembreime de ti e non a cortei. Onte fun á florería e vin unha rosa rosa; lembreime de ti e non a merquei. Hoxe encontreime contigo e vin todas a rosas inmorrentes, exuberantes e incomprables que ollabas libres nos meus ollos porque non as collín, porque non as cortei e porque non as merquei para mercarte.
|
| |
|