Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  9/07/2012 18:47 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Sabrazo a "os chuches".   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
É inaudito que quen dixo que a suba do IVE polo goberno Zapatero era un sabrazo de mal gobernante, se dispoña agora a incrementalo, salvo que, ao facelo, pretenda autodefinirse.
Xustifícao Montoro dicindo que daquela eles se opuxeron porque Zapatero non fixera recortes abondo. E é certo. Zapatero non só non recortou a sanidade, a educación ou a dependencia, senón que subiu o IVE, precisamente, intentando evitar eses recortes que ao noso mentireiro ministro lle parecen tan bos e desexables.
E digo mentireiro cono definición, non como insulto, porque este individuo, no seu intento a diario por superar o nivel dos eufemismos, dixo hoxe que estamos nun tránsito cara a unha fiscalidade menor para o traballo e maior no ámbito indirecto". E iso é mentira porque parece querer dicir que baixan os impostos sobre o traballo cando a realidade é que este ano, a partir de febreiro, subiron o IRPF.
No seu afán por dar explicacións cada vez máis esperpénticas dixo tamén que "se o IVE o pagasen máis os que o teñen que pagar non habería que subilo tanto". E todo iso sen poñerse colorado.
Economía somerxida sempre hóuboa e non é doado que aumentase moito. E ademais esa explicación tamén debería servir para Zapatero, non si? En todo caso, en vez de xustificar o aumento do imposto aos que pagan en que outros defraudan, aumentando pois a "xustiza" da aplicación do imposto, debeu de anunciar a intensificación da acción inspectora da Axencia Tributaria. Claro que iso non é moi compatible coa destitución do responsable da investigación do caso Gürtel e de cinco xefes de equipo, todos eles inspectores de Facenda na Oficina Nacional de Investigación da Fraude, cuxa actual xefa tivo que dimitir pola súa actuación no caso Gescartera na era Aznar.
Ademais, esta suba do IVE afectará basicamente aos tipos reducidos e superreducidos que afectan a produtos de primeira necesidade, como os alimentos e que constitúen polo tanto a parte máis importante do gasto dos cidadáns con menos recursos. É dicir, subirá o pan pero non as PlayStation. Sen dúbida outra mostra de "xustiza" na aplicación do imposto.
E, por se fose pouco, auméntase o IVE xustificándoo na evasión fiscal, mentres os evasores se poden acoller á amnistía fiscal opaca que lles dá ao goberno. Tamén moi "xusto".
Por certo. Do IVE de "os chuches" daquel neno do mitin de Rajoy, non se di nada.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Sabrazo a "os chuches". « - Rafael Castillo Reboiro. - 9/07/2012 18:47 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje