Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  9/05/2012 01:35 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Sálvame... de luxe.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Din, con permiso do capitán do Costa Concordia, que as ratas son as primeiras en abandonar o barco e, o apelido é pura coincidencia, Rodrigo Rato é un bo exemplo diso.
En vésperas da crise que o organismo que el dirixía non detectou, Rato abandonou o Fondo Monetario Internacional. E agora, cando Mariano Rajoy di que non inxectará diñeiro público na banca, garantía absoluta de que si o fará, Rato abandona Bankia, o que seguramente nos adianta que a crise da entidade é máis profunda do que se supoñía.
E hai, neste asunto dúas cuestións colaterais que analizar. A primeira é calcular cal será a xubilación que don Rodrigo se levará despois de tantos éxitos laborais. E recordar que o novo presidente é un xubilado de luxo do BBVA, con 65 millóns de euros, que volveu encontrar traballo. Quen dixo paro?
A segunda é pensar que mentres nos recortan todo, nos fan pagar por todo e nos soben os impostos, mentres non hai un euro para sanidade, educación ou dependencia, tratándose de salvar un banco, aparece diñeiro a esgalla.
Dirán que é un préstamo, e si, será un préstamo, pero brando. Se así llelo desen a moitos empresarios aumentaría o investimento sen dúbida. Se así llelo desen aos cidadáns, estes poderían substituír as súas hipotecas e remataríase a morosidade do país. Ao final é o que os economistas chaman custo de oportunidade. Non importa só o custo económico. Importa o para que.
Pero, hai alguén que se acorde de salvar as persoas?
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Sálvame... de luxe. « - Rafa Castillo. - 9/05/2012 01:35 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje