Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  24/04/2012 11:47 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Servizos sociais.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Nesta política da tesoirada, unha das máis habituais actuación das administracións con poder lexislativo sobre as outras, Estado fronte a todos e Comunidades Autónomas fronte a administración local, é ir pasando a pataca quente cara a abaixo e desligándose das obrigas propias cargándollelas aos demais.
E así entramos nunha nova fase do nunca pechado proceso autonómico que consiste en descentralizar as obrigas pero sen os recursos. Así, eu estado ou comunidade cubro o meu obxectivo de déficit trasladándollela aos concellos e logo os acuso e sanciono porque eles non cumpren.
E neste caso está o recente Decreto da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, acusado xa de contrario ao ordenamento xurídico polo Consello Consultivo de Galicia (equivalente ao Consello de Estado no ámbito estatal).
É curioso que o Consello Consultivo, entre outros elementos do decreto, censura a discriminación que supón que a Xunta siga subvencionando os concellos de máis de 20.000 habitantes e non os de menos. É, sen dúbida, discriminatorio e inxusto, pero o que non saben é, que parte do subconsciente levou ao conselleiro a establecer esa cifra, ou cal é o retorto sofisma que usa como xustificación.
O artigo 26 da Lei de Bases do Réxime Local establece os servizos obrigatorios para os concellos en función da súa poboación e así di no seu punto 1.c), "os de poboación superior a 20.000 habitantes - equivalentes, ademais: ... prestación de servizos sociais... " servizos que polo tanto non son obriga dos menores.
Certo é que o punto 3 do devandito artigo di que a asistencia das Deputacións aos Municipios, se dirixirá preferentemente ao establecemento e axeitada prestación dos servizos públicos mínimos, pero fala en efecto dos mínimos obrigados para cada concello.
Está pois claro que os servizos sociais non son competencia dos pequenos concellos. E tampouco está establecida como das Deputacións, e en cambio si da Xunta segundo o Estatuto de Autonomía e as leis de transferencia.
A pregunta agora é se pode o Estado ou a Xunta establecer novas competencias aos concellos. E a resposta é si, pero a teor dos artigos 2.2, do parágrafo segundo do 7.1 e do 25.3, só pódense determinar por Lei, non por Decreto, as competencias propias de municipios e provincias.
Tamén o artigo 7.3 prevé a existencia de competencias atribuídas por delegación, pero o 27.1 di claramente que o "...acordo de delegación debe determinar... os medios persoais, materiais e económicos que esta transfira". E finalmente o punto 3 deste artigo 27 di que "A efectividade da delegación requirirá a súa aceptación polo Municipio interesado".
Trátase pois dun proceso que comezou como unha delegación-colaboración eficaz e eficiente no que a Xunta financiaba os concellos e eran estes os que xestionaban o servizo pola súa proximidade aos cidadáns e o coñecemento sobre o terreo das súas necesidades.
E agora a Xunta considera esta situación de feito como de dereito e retira a subvención pretendendo obrigar as Deputacións a asumir a súa responsabilidade sen ter en conta por exemplo que as de menos recursos, Lugo e Ourense, son as de maior ruralidade.
E mentres ela financia aos grandes concellos que si teñen obriga de prestalos e polo tanto facelo cos seus propios recursos xa que aso, o ter maiores servizos, é a causa de que reciban maior financiamento estatal por habitante.
E así os concellos están ante a trampa saducea de ou ben financiar o servizo á súa costa e polo tanto en detrimento doutros servizos, ou ben ser eles quen recortan o estado do benestar.
Por iso non sería malo que estudasen, por se mesmos ou a través da Federación, a opción de renunciar á delegación existente de feito e fixar unha data común para devolver á Xunta a súa competencia incluído o persoal adscrito a esta.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Servizos sociais. « - Rafa Castillo. - 24/04/2012 11:47 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje