Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  27/04/2012 08:00 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Taxas e créditos.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Resulta que agora, para saír dunha crise causada entre outros motivos polo forte endebedamento das familias, é dicir, dos cidadáns en xeral, a solución que propón o goberno, para que os estudantes sobrevivan á espectacular suba de taxas, é que pidan un crédito.
E está ben a proposta. Porque agora que o crédito flúe como río caudaloso e que a banca oferta créditos nas esquinas, quen non dá crédito a un proxecto empresarial que en teoría producirá ingresos a curto prazo cos que poder atender as amortizacións, vanlle dar un crédito a un estudante que empezará unha carreira que durará catro anos no mellor dos casos, e a cuxo final será un do 50% de parados novos sen prestación.
Como sempre, daríanlle o crédito a quen non o necesita, e os sectores de menores ingresos terán menos bolsas, máis taxas e ningún crédito.
Hai outro erro grave no enfoque. Que todo o mundo acceda á educación non é só de xustiza social, que o é, por suposto. De todos os piares do benestar, a educación é o que mellor contribúe á diminución das desigualdades sociais ao permitir, que sexa cal sexa e orixe social dunha persoa, alcance un substancial cambio de status mediante os estudos.
Pero, ademais diso, que todo o mundo poida alcanzar o máximo nivel nos estudos é, ou debería de ser, un interese, mesmo egoísta, da propia sociedade. Cantos máis poidan optar a estudar unha carreira, máis posibilidades haberá de que a rematen os máis axeitados para ela co beneficio que iso supón para a sociedade que terá os mellores profesionais e mellor formados.
Por iso debe de ser a sociedade quen asuma o gasto que supón estudar, para que todos poidan optar a facelo. E iso finánciase mediante impostos, non mediante taxas. O imposto recádase en proporción crecente sobre quen máis ten ou quen máis consume. Coa taxa o custo do servizo cárgase sobre o usuario.
Por iso, están ben as taxas sobre servizos non esenciais ou para desincentivar un uso abusivo do servizo. Poñamos que se a auga fose gratis ninguén pecharía unha billa. Pero un servizo esencial, como a sanidade, a dependencia ou a educación, son un dereito de todos independentemente dos seus medios, e é ademais, como no caso da educación, un interese xeral.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Taxas e créditos. « - Rafa Castillo. - 27/04/2012 08:00 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje