Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  18/01/2013 06:59 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Tesoureiro.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Parece ser que ao partido popular non lle afecta nada do acontecido con Luis Bárcenas porque xa non é militante do partido. E que? Non era militante, tesoureiro! cando presuntamente fixo os seus delitos? Porque o que está en cuestión non é o que agora fai Bárcenas co seu diñeiro. O que interesa é saber como o conseguiu e en que circunstancias.
Porque esa fortuna se amasou cando este señor era o tesoureiro do PP. E entón o que hai que saber foi a cambio de que. Xa que, aínda que o non ocupaba cargos públicos executivos, é indubidable que se quería, podía exercer importantes influencias.
E neste punto habería que preguntarse como, presuntamente, o señor Bárcenas podería convencer un alcalde ou un conselleiro autonómico para unha determinada adxudicación. Porque ben podía ser a cambio de comisións para o adxudicador, ben explicándolle que ese contrato axudaría a financiar o seu partido. E sería, precisamente, o tesoureiro quen o dicía.
Hoxe mesmo é noticia que, presuntamente, Bárcenas pagaba sobresoldos a altos directivos do partido. E ese feito, se se confirma, é unha forma de financiamento paralelo, pois precisamente un dos grandes gastos dos partidos son as nóminas dos seus dirixentes.
Pode agora o PP mirar para outro lado e dicir que ese señor xa non é dos seus. Pero é unha pretensión tan infantil como a do neno que para esconderse tapa os seus propios ollos.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Tesoureiro. « - Rafa Castillo. - 18/01/2013 06:59 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje