Javier Glez Glez     Fecha  6/05/2012 23:37 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows NT


Volver al foro Responder TRIBUTO A PINK FLOYD   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
TRIBUTO A PINK FLOYD

Unha vez máis a cultura recala en Salcedo. O próximo sábado 12 de maio esta parroquia do Concello da Pobra do Brollón concentra unha serie de actos que teñen como fío condutor o rock progresivo e unha das bandas que se encadrou neste movemento musical: Pink Floyd. Ás 17 horas iniciarase esta xornada coa charla titulada “A música popular no cine” a cargo de Carlos Cortiñas e Antonio Vidal, seguida da proxección da película The Wall do director Alan Parker. Cara ás 19 horas, David Díaz Dacal disertará sobre a “Escena Canterbury”, movemento artístico xurdido en Inglaterra a finais da década dos 60 do século pasado e que se integra dentro deste estilo musical. Para finalizar estas charlas, Alberto Camarero “Tico”, ex-Yellow Pixoliñas, achegará os asistentes á vida e obra da banda de Cambridge, co título “Pink Floyd, a revolución progresiva”.

O día finalizará coa presentación do grupo Vera Lynn da cidade do Cabe, no Local Multiúsos da Asociación Veciñal ás 23.30 horas. Esta formación está composta por músicos de diversas bandas como Dooc´s Magoo¨s, Anger, La cuarta pared e Morphina. O espectáculo multimedia combina imaxes, texto e música cunha soberbia e contundente posta en escena sobre versións de Pink Floyd.

Na organización deste evento participan a Asociación Veciñal de Salcedo, o cine clube A Calexa de Monforte de Lemos e Vera Lynn. Colaboran o Movemento tabernario lemavo de Monforte de Lemos, Concello da Pobra do Brollón e a Fundación Tic da Deputación de Lugo.

A directiva da Asociación Veciñal de Salcedo convídavos a todos a gozar dun día distinto en Salcedo e lémbravos que todos os actos son de balde.

Para informarse máis polo miúdo poñerse en contacto con Javier González, Presidente da Asociación no teléfono 679049058, na páxina web da Asociación www.ensalcedo.org e en Facebook TRIBUTO A PINK FLOYD
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » TRIBUTO A PINK FLOYD « - Javier Glez Glez - 6/05/2012 23:37 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje