Sermos Galiza/balonga     Fecha  23/11/2012 09:55 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder TSXG bota abaixo a consulta do PP sobre o galego.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
(Antes foron as eólicas, agora o galego, que máis teremos que ver, Pardeus con eles!).


O TSXG bota abaixo a consulta do PP ás familias sobre o uso do galego no ensinoO Superior galego comunica a súa resolución a A Mesa, Queremos Galego e CIG Ensino.

Para alén da consulta ás familias, responsábel "do varrido do noso idioma no 96% dos centros de ensino", desaparece tamén máis un artigo que foi "chave nos ataques do PP contra a nosa lingua": que o uso do galego non era obrigatorio en materia ningunha, agás Lingua e Literatura galegaB.

Non cómpre unha consulta ás familias para escoller a lingua vehicular do ensino en Infantil. Así o dispón a resolución do TSXG que vén de se facer pública nesta quinta feira en resposta aos recursos presentados por A Mesa, Queremos Galego e CIG Ensino contra o decreto do plurilingüismo con que o PP comezou a regular a presenza da nosa lingua nos centros de ensino públicos. Así as cousas, estas resolucións xudiciais veñen botar abaixo, en palabras do presidente da Mesa e voceiro de Queremos Galego, Carlos Callón, "o artigo que supuxo o varrido da nosa lingua no 96% dos centros de ensino do País", nomeadamente nas cidades.

En xullo de 2010 as entidades citadas solicitaron a suspensión cautelar da norma namentres non se emitía unha sentenza, posibilidade que foi rexeitada polo Tribunal. Porén, a resolución ditada agora foi cualificada pola Mesa como "moi positiva" ao porlle a cambadela ao PP anulando dous artigos "chave nos ataques contra a nosa lingua": o 5.2 e 12.3 do decreto do plurilingüismo. Para alén de anular a consulta ás familias que a consellaría de Educación realizou hai dous anos, o Superior galego recoñece "un principio pedagóxico fundamental que a Xunta negaba": que as crianzas empreguen o noso idioma en máis materias que Lingua e Literatura galega. Rexeita así a disposición que sinalaba que o uso do galego non era obrigatorio nas aulas.

A equipa de xuristas da Mesa avaliará a sentenza máis polo miúdo para valorar o que dispón o TSXG en relación ao resto de artigos que a entidade en defensa da lingua considerou obxecto de recurso. Con todo, unha lectura da resolución permite concluír que, se ben son varias as disposicións que non presentarían conflito desde o punto de vista legal, o propio Tribunal recoñece que se trata de decisións políticas e que delas non deriva a situación máis acaída para a nosa lingua, considerando que esta debera ter un trato diferenciado fronte ao español.

CIG-Ensino pide a derrogación xa do decreto

Anxo Louzao, secretario xeral de CIG-Ensino, sinalou que a raíz da decisión do TSXG o goberno debe derrogar o decreto, e avogou pola volta ao consenso en base á unanimidade acadada no seu día no Parlamento en torno ao Plan Xeral de Normalización Lingüística.

Louzao lembrou que o galego é unha cuestión que atinxe a [email protected] @s [email protected], polo que non se pode limitar a decisión ás familias. "Tal e como as familias non poden fixar as materias a impartir ou os horarios, tampouco poden fixar o idioma a utilizar".

Así as cousas, o informe da Mesa sobre a presenza do galego na educación infantil, presentado en outubro, sinala que só o 9% dos 282 centros infantís da Galiza "declara" impartir algunha materia en galego, e só o 3% as impartiría todas. A consellaría de Educación incumpre até o seu propio decreto, que reserva para a lingua propia entre o 33% e o 50% das materias.

Guillerme Vázquez: "O Tribunal dá a razón a quen queremos o galego"

Pola súa banda, o voceiro nacional do BNG afirmou quecon esta sentenza o TSXG "dá a razón aos que queremos galego, aos que defendimos a nosa lingua dos ataques da Xunta de Feijóo, aos que o fixemos apresentándomos un recurso xudicial e aos que o fixemos tamén tomando civicamente as rúas durante estes anos en que se produciron as manifestacións máis masivas da historia en defensa da lingua galega".

O BNG demanda, tras este fallo, a "inmediata derrogación" do decreto e o cesamento do conselleiro de Educación en funcións.

Decreto do bipartito: só o 35% dos centros respectan a mínima presencia do galego

Para facer un debuxo o máis atinado posíbel do panorama actual, Callón optou por comparar os datos tirados de distintos informes elaborados pola institución que preside. Así, no curso académico 2008-2009, coa normativa do goberno bipartito en vigor, o inquérito revelou cifras "xa preocupantes": só o 35% dos centros de educación infantil fincados nas sete cidades "declaraban que impartían" o mínimo do 50% en galego. "E declarar non é facer", recalca Callón. Seguidamente coloca os números recollidos só dous anos despois: ese mínimo impartíase unicamente no 10% das escolas.

Dos 282 centros que A Mesa entrevistou, 9 --o 3%-- dixeron impartir todas as aulas en galego; 3 --o 1%-- aclararon que dispuñan de dúas liñas de ensino, unha en español e outra na lingua propia; e 14 --o 5%-- explicou que as materias se imparten en español ou en galego. "As cifras claman ao ceo", espetou Callón unha vez botada a conta cuxo resultado é que unicamente o 9% das escolas en que estudan as crianzas da Galiza imparte "algo" do seu currículo no idioma do país. Porén e para alén das cifras, o estudo deixou tamén anécdotas "alarmantes". Así, nun centro de Vigo quen atendeu o teléfono recoñeceu que todas as materias se imparten en español porque foi esa a lingua escollida por nais e pais "cun voto de diferenza".

E nunha escola de Compostela "non tiveron reparo ningún" en recoñecer que, aínda que @s [email protected] escolleron o galego como lingua para o ensino das súas crianzas "nós sabiamos que era o español o idioma en que debían ser educados e impartimos as aulas en español", parafraseou Callón, acrecentando que ese "algo" impartido en galego "ben podería ser unha cancionciña unha vez ao mes".
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » TSXG bota abaixo a consulta do PP sobre o galego. « - Sermos Galiza/balonga - 23/11/2012 09:55 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje