Rafa Castillo    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com Fecha  14/04/2012 12:12 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Unha crise redonda.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Na Grecia clásica, a escola de Elea fundada por Parménides definía o Ser como o único existente e o non-ser como o que non existe. O Ser é e o non-ser non é. Por un proceso de razoamento que non vén ao caso a conclusión era que ao non existir a nada, só existía un Ser único e continuo e como era todo o que había e infinito, era deus. A conclusión era que como o ser era un todo denso e fóra del non había nada, o movemento non existía.
O seu discípulo Zenón de Elea, nun dos seus coñecidos paradoxos, para demostrar que o movemento non existía, dicía que Ulises (o grego máis veloz entón coñecido) nunca podería alcanzar unha tartaruga que avanzase diante del con certa vantaxe.
En efecto. Supoñamos que a velocidade de Aquiles fose 10 veces maior que a da tartaruga e que saen con 1km. de diferenza. Cando Aquiles chega a onde estaba a tartaruga, esta avanzou 100m. Cando logo percorre eses 100m ela avanza 10m. Ao percorrer o grego os dez, ela percorre 1 e así sucesivamente pasando porque cando el percorre un milímetro, o réptil percorre unha décima, polo que nunca será alcanzada.
E o lector pensará a que cornos vén isto. E a explicación é moi sinxela. A crise e nós avanzamos como a tartaruga e Aquiles. Cando damos cumprimento á interpretación que, dos Oráculos dos mercados, nos dan por boa, a crise avanzou e xa esixe novas medidas.
Adoptamos as novas medidas contentos como alumnos aplicados e as presentamos ao exame pensando que esta vez se superamos a crise. Pero non. Mentres as tomabamos, o mercado. no seu avance lento pero persistente. xa parira novas esixencias.
E así corremos tras el, como o burro da nora tras a cenoria atada diante, avanzando decididos cara á perda dos nosos dereitos e liberdades sen ter máis opción que a circunferencia que describe o pau da nora ao que estamos atados.
Pensamos que avanzamos con obstáculos para alcanzar un mundo mellor mentres, fóra da nora, os poderosos nos ven sorrintes circular condenados a pasar sempre polo mesmo sitio.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Unha crise redonda. « - Rafa Castillo - 14/04/2012 12:12 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje