Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  9/05/2012 19:51 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Unha miseria.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
O ostracismo era unha condena de desterro que os antigos gregos aplicaban ás persoas que non eran gratas á sociedade. Actualmente o termo utilízase para referirse ás persoas ignoradas polo seu propio ámbito.
Un día máis non queda máis remedio que escribir dende a indignación. Un vocal do poder xudicial acusa o presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo (si, ese que condenou a Garzón) de cargar viaxes privadas ao presuposto do organismo.
Ao parecer a cantidade de que se trata aproxímase a 6.000€, cantidade que o presidente, Carlos Dívar, dixo que era unha miseria. E claro que é unha miseria comparado coas retribucións do seu cargo que superan os 130.000€ anuais.
Pero o que si é miserable é que este individuo cargue ao presuposto gastos particulares por uns miserables 6.000€ que é pouco menos que o salario mínimo.
O que si é miserable é que este individuo cargue ao presuposto gastos particulares por uns miserables 6.000€ que supera o importe anual de moitas pensións.
O que si é miserable é que este individuo cargue ao presuposto gastos particulares por uns miserables 6.000€ que supera o importe anual de moitas rendas de reinserción.
O que si é miserable é que este individuo cargue ao presuposto gastos particulares por uns miserables 6.000€ que supera o importe anual dunha bolsa universitaria.
O que si é miserable é que este individuo cargue ao presuposto gastos particulares por uns miserables 6.000€ que supera o importe anual do copagamento nos medicamentos de máis de 62 pensionistas.
Alguén poderá pensar que é unha ousadía pola miña banda facer esta acusación tan directa. E é posible que se tan importante personaxe me lese, me acusase ante os tribunais e, nun xuízo tan xusto como o de Garzón, me condenasen. Pero non teño medo.
Estou seguro de que nese caso os meus concidadáns o condenarían a el ao ostracismo.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Unha miseria. « - Rafa Castillo. - 9/05/2012 19:51 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje