Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  29/11/2012 20:04 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Vasoira.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Non son eu, en absoluto, dos que opinan que para ser político sexa necesario ter estudos. Por suposto que non. Pero, á vista do autismo político que se observa en moitos cargos públicos, non estaría mal que para acceder a eles se lles fixese un test de intelixencia simplemente para determinar que a teñen normal. E sentido común.
Parece ser que o concello de Monforte de Lemos acaba de ser premiado, por segunda vez, pola limpeza da cidade. E calquera que a visite terá que dar fe de que é unha cidade limpa e agradable. Sobre o sistema de cubeo establecido oín opinións a favor e en contra. Pero o resultado é evidente.
Non obstante oín hoxe na radio opinar a voceira do PP no concello sobre ese premio. Dicía a concelleira e tamén senadora! que recibir un premio está ben, pero que entre ter unha vasoira de prata nun estante, ou ter un servizo máis barato, ela tiña claro o que prefería, o segundo.
E isto pasa, seguramente, porque dona Julia non viu o capítulo de Barrio Sésamo no que falaban de bo, malo e mellor e peor. De ser así, esta nai da patria tería outra opinión.
Mire vostede dona Julia. Eu, e seguramente a maioría dos seus veciños, non eliximos entre a vasoira de prata e o prezo. Quedámonos en vivir unha cidade limpa e agradable na que vivir a gusto. Talvez non estea nos argumentarios do seu partido, pero o fin dun servizo público é precisamente ofrecer o servizo público e que os veciños gocen del. E claro, máis barato aínda sería non prestalo. Pero non é iso, verdade?
E cun pequeno esforzo máis de intelixencia, poderiamos colexir que se a cidade está limpa, ademais de gozala os monfortinos, será máis atractiva para turistas e visitantes. E iso favorecerá o comercio e a hostalaría da cidade e con iso a todos os veciños e ata os ingresos municipais, o que fará que o custo do servizo sexa relativamente menor.
Claro que este capítulo non o emitiron en España. De todos os xeitos, se é capaz de entendelo... pode que un día chegue a ser unha boa concelleira. E quen sabe, mesmo ata unha boa senadora.
Sen acritude.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Vasoira. « - Rafa Castillo. - 29/11/2012 20:04 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje