Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  26/10/2012 20:40 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Xa abonda!   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Preguntábase Bob Dylan nos anos setenta cantos camiños ten que percorrer un home para que poidas chamalo home. E esa pregunta está moi de actualidade porque chegamos a un mundo tan deshumanizado que xa se fai difícil que se nos poida chamar homes ou mulleres. Somos consumidores, traballadores, parados ou xubilados, factores de produción, elementos do mercado ou axentes económicos, pero leváronnos a un punto de tanto temor que xa non somos capaces de levantar a voz e dicir abonda! pegando un puñazo na xanela do banco, na mesa do explotador ou na alma da especulación.
Hoxe non vou escribir de política. Non podo. Nin resaltar as debilidades dos meus nin condenar a mala fe dos outros. Hoxe só podo falar do máis importante, do máis transcendente, daquilo que adoitabamos chamar ser humano. Aquel ao que lle preocupaban feitos que hoxe só encontran un pequeno recadro nas páxinas interiores dos xornais ou enchen o tempo que vai da economía e a política aos deportes nos telexornais. Hoxe hai que falar da morte.
Non sei cal dos partidos da champions league se xogaba. Aquel autónomo vía o partido na casa duns amigos. Seguramente, aínda que externamente celebraba ou lamentaba os goles (que máis dá), a súa mente estaba noutro sitio. Non sei sequera se estaba casado e tiña fillos. Nin voume preocupar de decatarme, porque non busco o morbo. Nos seus fillos, na súa familia ou en si mesmo. Alí estaba o seu pensamento. Na vida que lle esperaba, non nun xenérico e afastado día de mañá, senón a partir do concreto día mañá.
Seguramente comentou cos seus amigos as xogadas do partido mentres tomaba a derradeira (ben sabía el que era a derradeira) cervexa. Ao despedirse talvez mentiu un ata mañá, ou quizais o seu subconsciente o fixo pronunciar un adeus premonitorio. Non foi para a casa. Seguramente vagou longas horas polas rúas de Granada acariciando a súa tráxica decisión e esperando encontrar tras cada esquina unha solución que o salvase. Pero foi inútil.
Como chegara a aquela situación? Mentres salvabamos a banca mundial co noso benestar perdido, facéndoo pagar máis impostos a cambio de menos servizos, e causando seguramente perdas na súa tenda pola caída do consumo, mentres a sociedade tiña piedade dos bancos, o seu banco non se apiadou del. Non buscou facilitarlle as cousas, aprazar pagamentos, alongar prazos, nin sequera aceptar a doazón en pagamento da súa vivenda. Friamente contabilizaba os seus non pagamentos sumándoos con avaricia ata o momento de poder executar a súa hipoteca. E chegara o día.
Á mañá seguinte, despois de que o seu irmán encontrase o seu corpo aínda morno colgado no pequeno negocio que ambos os dous compartían, encontráronse na súa casa dous comitivas xudiciais. A do xuíz do civil coa súa orde de embargo. A do xuíz do penal levantando o seu cadáver.
E a este miserable occidente, aínda veñen fuxindo da súa miseria xentes do terceiro mundo que xogan as súas vidas á ruleta rusa da pateira.
Por favor! Paren isto que quero apearme!
Rafa castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Xa abonda! « - Rafa Castillo. - 26/10/2012 20:40 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje