Administrador    forodebrollon@gmail.com http:// http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2012/05/02/xa-veu-tempo-troupele-troupele-xa-veu-tempo-do-lino-mazar/0003_201205M2C4999.htm Fecha  2/05/2012 15:01 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder «Xa veu o tempo de tróupele tróupele, xa veu o tempo do liño mazar»   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
LA VOZ DE GALICIA
02/05/2012


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2012/05/02/xa-veu-tempo-troupele-troupele-xa-veu-tempo-do-lino-mazar/0003_201205M2C4999.htm

«Xa veu o tempo de tróupele tróupele, xa veu o tempo do liño mazar»

En xullo, cando xa estaban maduras, as plantas de liño arrancábanse e pasábanse por un pente de madeira chamado ripio para extraerlle a semente ou liñaza, que se puña a secar e se gardaba. Unha parte quedaba para a seguinte sementeira e o excedente vendíase para facer aceite de liñaza. «Pagábase a bon prezo», sinala o dono da casa de Paradiñeiro.

Despois as plantas xuntábanse en feixes e eran mergulladas nos chamados corgos ou pozas de auga, onde permanecían en remollo entre nove e doce días. A continuación púñanse durante un tempo ao sol para que secasen. O seguinte paso era envolvelos en sabas vellas que gardasen ben o calor e deixalos así durante dous ou tres días para completar o secado.

Depois chegaba o momento de mazalo, un traballo no que participaban mulleres e nenos e que -para facelo máis levadeiro-, tomábase moitas veces como un xogo. Os feixes de liño colocábanse sobre unha pedra -xeralmente traída do río- e batíase neles cunha maza de madeira. Durante o traballo cantábanse cantigas tradicionais ao son dos golpes da maza: «Xa veu o tempo do tróupele tróupele,/ xa veu o tempo de troupelear,/ xa veu o tempo da maza do liño,/ xa veu o tempo do liño mazar».

Terminada esta etapa, o liño pasábase polo tascón, unha táboa cunha folla de madeira cortante. Noutros lugares, nesta parte do proceso usábanse as espadelas, unha especie de coitelas de madeira. Despois pasábaselle o restrelo -unha especie de pente cadrado-, para separar a estopa da fibra de mellor calidade. Despois había que fialo moi fino coa roca e o fuso e pasalo polo sarillo, que mediante unhas aspas xiratorias enrolaba o fío en grandes madeixas chamadas meados ou meas.

Foto LVG:
O restrelo, provisto de longas púas metálicas, servía para separar a estopa do liño de boa calidade                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                

Imagen:

http://media.lavozdegalicia.es/scale.php?i=/default/2012/05/02/0012_201205M2C4F6/Foto/M2C4F6.jpg
 

Respuestas (0)
 
  • OS ÚLTIMOS TEARES DA MONTAÑA (Parada dos Montes) - Administrador - 2/05/2012 14:58 
    • » «Xa veu o tempo de tróupele tróupele, xa veu o tempo do liño mazar» « - Administrador - 2/05/2012 15:01 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje