Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  24/09/2012 21:10 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Xogar coa Constitución.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
No fútbol, os bos afeccionados capaces de aplaudir o equipo contrario, converten o seu nun equipo amable, querido e respectado por todos. Pola contra, os hooligans danan o seu equipo converténdoo en odioso. E non é o mesmo que che adestre Del Bosque que Mouriño ou que nas túas filas estean Iniesta ou Iker que Pepe ou Eto'o.
Xa en 2004 o incremento do voto independentista en Catalunya foi a consecuencia directa do centralismo chulo do goberno de Aznar e o famoso "Pujol, anano fala castelán". Logo na oposición os de Rajoy alimentaron o rexeitamento mutuo entre Catalunya e o resto do país. E agora, encoraxados pola súa maioría absoluta, contrapesan o seu servilismo ante o exterior co desprezo e ofensa a todos os que non lles dan a razón, nacionalistas entre outros.
E, irresponsabilidades ou oportunismos de Artur Mas á parte, é esta actitude dos populares a que causa en asañamento da situación e a maior visibilidade do sentimento independentista dunha parte da sociedade catalá. E é que os lumes non se apagan con gasolina.
Hoxe o líder socialista, Rubalcaba, tivo unha intervención na cadea SER na que propugnou buscar unha cómoda, amable e agradable integración do Catalunya en España, chegando a un estado federal e, se fose preciso, reformando a Constitución no que fora necesario. Pódese compartir ou non, eu compártoo, pero non cabe dúbida de que é unha achega a sosegar o debate e situalo no terreo político, que é o campo onde debe resolverse, e non nunha pelexa fraternal que nos converterá en inimigos mutuos.
E é entón cando o PP saca o dóberman, encarnado en Cospedal, quen se envolve na bandeira (bandeira vén de banda?) e defínese defensora con decisión da Constitución e a unidade nacional, acusando a Rubalcaba de irresponsable e dicindo que se o PSOE quere romper coa Constitución, o PP vai estar en fronte. O que non aclarou é se se refería ao "Fronte Nacional".
No argot do mundo taurino que tanto lles gusta, hai unha coñecida expresión que di que ata o rabo todo é touro. E tamén, señora Cospedal, o Título X, “da reforma constitucional”, é Constitución. Polo tanto, pretender reformala non é estar fronte á Constitución, pero si é pervertela usala torticera e frivolamente contra os demais.
E é que se unha definición importante dá de España a Constitución, é que é un estado democrático. E, en democracia, caben todas as opinións, mesmo as de cambiar a Constitución. E, mesmo aínda que eu non estea de acordo, a de decidir modificar o artigo referido á unidade de España. Porque sempre dixemos que o malo non é o que se defende, senón o uso do terrorismo nesa defensa, non si?
Tamén dixo a Cospe, en relación coa xornada de mañá, que a última vez que o Congreso foi rodeado foi o famoso 23-F. Como non estou seguro de con que ollos vía os acontecementos aquel día a secretaria xeral do PP, aclarareille que aquel día os que rodeaban o Congreso era a Policía Nacional, leal á Constitución, ao Goberno e ao Parlamento, a prensa e os cidadáns. Os golpistas estaban dentro. Eran aqueles señores que levaron alí as súas ideas anticuadas, a súa visión paticorta e inamovible da Constitución e o seu afán de dividirnos e enfrontarnos a uns cos outros. Capichi?
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (2)
 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje