Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  11/03/2012 09:11 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Xupa de Galicia.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Parece ser que o caso Campeón está a pasar de ser o caso Pepe Blanco a ser o caso Feijoo. Sorpresas dáche a vida. Pero o estilo empezoñado de facer politiquilla do PP, o seu circo mediático e outros colaboradores necesarios é o que nos trae.
Cando saíron as filtracións do sumario, produciuse unha situación de indefensión política de Pepe Blanco, quen foi inmediatamente condenado a pena de telexornal, o que puxo, inocente ou culpable, fin á súa carreira política.
E agora parece ser que todos os empresarios e teóricos intermediarios que presuntamente subornaban e branquexaban o diñeiro de Blanco negan que este nunca lles esixise nada nin lles dese un trato de favor. Demostrado que Dorribo non subornou o ex ministro e que o diñeiro non llo entregou ao seu familiar, as acusacións de mediar ante as administracións resultarán ser só interesarse polo estado dos expedientes e informar o afectado.
En cambio, a presunta intervención de altos cargos da Xunta de Galicia está documentada en conversacións telefónicas intervidas, fotos e seguimento da Axencia Tributaria. E iso coincide co feito de que Dorribo percibiu subvencións da "Xupa de Galicia". De feito nas súas conversacións gravadas recóllese a frase "nunca tivemos unha teta así".
E o mesmo Presidente Feijoo recibiu no seu despacho ao empresario nunha reunión que dixo ser con luz e taquígrafos pero na que, aposto o que sexa, seguramente houbo menos testemuñas que na estación de servizo de Guitiriz e cuxa acta estará escrita no xeo.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Xupa de Galicia. « - Rafa Castillo. - 11/03/2012 09:11 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje