 |
Que a Veiga sexa "Destino turístico Starlight" non nos debe sorprender os que coñecemos un pouco de Astronomía ou ven somos afecionados a ela. No meu caso as dous cousas. Dase o caso que a miña especialidade de carreira, cando fixen "Ciencias Matemáticas" en Santiago 1963-1968, foi a Astronomía; eran os tempos onde se traballaba cos libros do gran Ramón María Aller, o gran astrónomo Lalilense, que morreru en 1966 e deixou os seus observatorios e os seus saberes... Pois ben, a Veiga ten un dos ceos máis maravillosos de toda Galicia. Trevinca con 2127 metros. Pero é que a Veiga é moito máis, moitísimo máis. O "Paraíso descoñecido" decía o que foi Director Xeral de Medio Ambiente da Xunta, o meu amigo Xosé Benito Reza, o día que se inaugurou o barco "Sta. María de Alberguería" e eu fun representando o pobo de Alberguería. Non me explico, xa dende fai moitísimos anos, como non se explota turísticamente todo o que ten o Concello da Veiga. Espero que con este nombramiento e poñendo a traballar a xente, que seguro irá moita, a Veiga comencé a despegar. Dende esta páxina web a nosa enhoraboa e o noso desexo do mellor. http://www.albergueria.es/starlight.htm
|
|
|