 |
Boa tarde, chámome Juan Carlos Villar Angeriz e represento a asociación sen ánimo de lucro Gaseosas de Galicia. Acabo de ver unha entrada súa en relación á fábrica de gaseosas. Póñome en contacto con vostede para saber se podería aportarnos algún dato máis sobre esa fábrica xa que non tiñamos coñecemento dela. Por outra banda, tiven a sorte de poder ollar parte do seu enorme traballo sobre a súa localidade de orixe. Por ese motivo, atrévome a solicitar a súa axuda para incorporar posibles datos sobre a fábrica de gaseosas. Por suposto, en relación a calquer fotografía, comentario ou información aportada será nomeada a fonte de orixe. Gracias por adiantado polo seu tempo e por sopesar a miña solicitude. Quedo a súa enteira disposición nos datos arriba facilitados Un saúdo.
|
|
|