Borrar Mensaje manolo

  • Host: No mostrado/ Not shown
  • IP: No mostrado/ Not shown
  • Navegador: Netscape 5.x
  • S.O.: Windows XP
email  
www  
Fecha  24/04/2014 13:24

Historia da lingua GalegaL
Mensaje
Proveño do latín e teño un irmán xemelgo o portugués e outros irmáns como o catalán, o castelán, o francés, o italiano, o romanche, etc.
En mín está sintetizada toda a historia e a personalidade do pobo galego.
Vin ao mundo no século IX na Gallaecia. Durante séculos houbo a Gallaecia cristiana e a Hispania árabe. Todos os reis de Galiza que era o centro de poder, Asturias e León se titulaban reis de Gallaecia e o galego íase diferenciando do latín. Moitos reis foron galego-falantes Ramiro I, Alfonso II, Ramiro II, Alfonso V, García, Alfonso VI a quen a crónica castelá narra na morte do seu fillo en Toledo "Ai meu fillo! ai meu fillo! alegría do meu corazón e lume dos meus ollos, solaz da miña vellez!.

No ano 1139 Afonso Henriques é nomeado rei de Portugal e o galego que se falaba do Douro arriba pasa a chamarse Portugués, alén do Miño.
No século XII, a era Compostelana, Galiza ten un gran esplendor e a xente utiliza o galego na fala, mentres que na escrita traballaban co latin.
Dende o século IX até o século XII, a xente fala galego, mais non o utiliza na escrita. Nos séculos XIII, XIV e XV tamén se coverte en lingua escrita brillante. Nesta época tan só os clérigos estaban alfabetizados. No século XIII, o galego e xa lingua dunha excelente literatura.
Polo ano 1200 aparece o documento literario máis antigo dos coñecidos hoxe, é a cantiga satírica Ora faz ost´o senhor de Navarra de Joam Soares de Paiva. Aparecen tamén nesta época, os primeiros documentos en galego de compra-venda, testamentos, doazóns etc., mais tamén as primeiras cantigas da escola trobadoresca galego-portuguesa.

Desde moi cedo pasará tamén a ser a lingua escrita oficial de Portugal. O francés non foi oficial até o século XVI, e o italiano até o século XIX.
Pasei pola esplendorosa época trobadoresca (1200-1350) da escola lírica galego-portugusa, coas espléndidas cantigas de amor, de amigo e de escarnio e maldicer, así como as cantigas de Santa María de Alfonso X O Sabio e outros textos en prosa, chegando ao máximo nivel de perfección, sendo a lingua lírica de todos os reinos cristiáns (agás Cataluña), dan fe diso trobadores como o aragonés Martín Moxa ou Alfonso X (1252-1284).
A este feito contribuíu o grande poder politico que ainda tiña Galiza, pois tiña a mesma identidade política con Portugal.

A etapa postrobadoresca (1350-1500) perde certo esplendor ao substituir a escola lírica galego-portguesa pola galego-castelá.
Galiza comenza o seu declive económico ao se integrar na coroa de Castela, sendo substituido Santiago por Toledo por Fernando III (1230-1252), e Portugal consolídase como nazón independiente. Ademáis substituese a nobreza galega pola castelá ao perder Pedro I a guerra civil con Henrique de Trastámara (1366-87), sen esquecer as guerras Irmandiñas (1466-69), que impediron a consolidación dunha burguesía propia. Ainda así fun unha lingua normalizada na Galiza, até o fin da Idade Media como o foron o catalán ou o castelán. A partir de mediados do século XIII aparecín tamén na prosa literaria, substituín o latín como "lingua oficial" nos textos escritos, tanto de carácter documental como literario, privados ou públicos.

A finais do século XV (1479-83) coa vitoria de Isabel a Católica castiga brutalmene a Galiza:
Substitue a nobreza, clero e Administración por xente de Castela.
Impón o sistema castelán de pesas e medidas.
Prohibe ligas, confederacións, confrarías, reunións numerosas en vodas, enterros ou bautizos.
Os escribans públicos galegos han de mudar os seus formularios polos casteláns e sometelos o "Real Consejo" en Toledo.

Producese así a diglosia, mentres a aristocracia foránea usaba o castelán, a poboación falaba galego, que pasou a ser lingua dominada o mesmo que políticamente. A nobreza media e baixa vaise castelanizando dende o século XVI ao XVIII. Son os "séculos escuros", que pechan 700 anos de normalidade lingüistica, por outros de substitución lingüistica.
Neste "séculos escuros" hai 3 sectores sociais: un reducido grupo monolingüe en castelán que ocupa o cumio do poder plítico-relixioso), un grupo autóctono bilingüe, e unha maioría en galego. Os do primeiro grupo, os poderosos, acentúan o sometemento político, cultural e lingüistico de Galiza, destacadamente a través da Igrexa. Nos 3 séculos houbo en Galiza 152 bispos de fóra e só 15 galegos. Os mosteiros pasaron a depender de Castela e o ensino empregouse o castelán e o latín, mais non o galego que era a lingua exclusiva da poboación. Así inculcan nos galegos un complexo de autoodio, ainda que non faltaron voces na defensa da lingua e da dignidade do pobo galego.

Dende a metade do século XVIII, os ilustrados (Feixoo, Sarmiento ou Sobreira) reivindican a lingua do país e a identidade de Galiza, sendo a lingua o signo de idenficación colectiva dos galegos.
No século XIX reucupra a categoría de lingua escrita nacional de Galiza, cunha brillantez fóra do común, grazas a 3 figuras do Renacemento literario galego: Rosalía, Curros e Pondal. É o seculo do Rexurdimento do galeguismo na recuperación da lingua, da literatura, da cultura e da dignidade galegas.

O triunfo do liberalismo na poítica española, comenza un proceso de centralización e uniformización, así no ano 1833 (Javier de Burgos) consúmase a división do reino de Galiza nas catro provincias actuais coa perda de territorio para o país (zonas do Navia, do Bierzo e As Portelas) e a súa desaparición formal como unidade.
A ley Moyano impuxo o ensino obrigatorio en castelán, proscribindo o uso de calquera outra lingua con severos castigos para os mestres (1902).

A conciencia galeguista fai medrar a lingua. De 1808-1840 aparecen as primeiras manifestacións do diferencialismo e singularidade de Galiza. Na segunda etapa até 1863 (Cantares gallegos de Rosalía), nace o primeiro movemento político galeguista, progresista e defensa da unidade política de Galiza, con dereito ao autogoberno (Antolín Faraldo, Francisco Añón, Alberte Camino, Neira de Mosquera ....)e moitos mozos universitarios ao que puxeron fin os fusilamentos de Carral.
O terceiro periodo iniciase en 1863 coa publicación de Cantares gallegos de Rosalía e chega o fin do século. Convertese nunha lingua dunha obra de calidade literaria que inaugura o Rexurdimento da nosa literatura (Rosalía, Curros,Pondal), xunto con poetas, narradores e ensaístas. Políticamente e o Rexionalismo con Manuel Murguía e Alfredo Brañas que defenden a lingua e a personalidade histórica diferenciada de Galiza.
Aparecen as primeiras gramáticas de Francisco Miras, Saco Arce, Cuveiro Piñol, Valladares; e diccionarios galego-castelans.

No século XX, hai un avance cualitativo ao xornalismo, ciencia, actos públicos etc. Pásase do Rexionalismo ao Nacionalismo.
Nacen as Irmandades da Fala 1916 (Villar Ponte, Castelao, Risco, Lousada, Diéguez ou Cabanillas) e dotanse dun medio xornalístico decenal en galego A Nosa Terra, para superar o complexo de inferioridade dos falantes. Crean editoriais, e a Revista Nós que da nome a brillante Xeración Nós (Otero Pedrayo, Cuevillas, Risco, Castelao). Esta Xeración modernizou a cultura galega, lingua de prosa, con traballos, ademáis de literatura, de história, filosofía, socioloxía etc. Descubriron que a maneira de seren europeos e universais era seren plenamente galegos.
Herdeiros da Xeración Nós foron (Carballo Calero, Bouza Brey, Martín López, Xaquín Lorenzo, Fraguas que fundaron en 1923 o Seminario de Estudos Galegos que desenvolveu unha intensa e frutífera actividade investigadora e divulgadora das Ciencias.
Este movemento galeguista e nacionalista aglutínase no Partido Galeguista na República (1931) que lle da rango de cooficialidad ao galego e obrigatoriedade no ensino.

Dende 1936, a ditadura de Franco reprime coa máxima virulencia todas as linguas do Estado español, que non eran o castelán, destruindo todo o esforzo anterior (institucións, revistas, editoriais) e fusilando aos seus defensores (Alexandre Bóveda, Anxel Casal, Xaime Quintanilla). A cultura trasládase ao ensino americano, Buenos Aires con Castelao e outros desenvolveron unha intensa actividade cultural.
Na Galiza a lingua convértese en clandentina de uso familiar. En 1951 aproveitando a apertura imposta pola política internacional créase a editorial Galaxia e nos anos 60 Asociacions Culturais que dinamizan a cultura.
Aparecen escritores como Iglesia Alvariño, Alvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor, Carballo Calero, Neira Vilas ou Celso emilio Ferrreiro que dan categoría de lingua literaria de relevancia.
O uso do galego é un síbolo de resistencia ao rexime e cantautores e poetas fixeronse adais da sua defensa.
A Real Academia Galega creada en 1906 (O Institut d´Estudis Catalans no 1907 e Euskaltzandía no 1919), institúe o 17 de Mayo como o Día das Letras Galegas, mais continúa a perder falantes e aumenta o seu desprestixio social.

Dende 1983 por unha sentenza do Tribunal Constitucional dalle unha "cooficialidad subalterna" xa que hai a obriga de coñecer a lingua do Estado, mais non a galega.
Nesta etapa avanzouse na investigación sobre a lingua, e editanse máis libros por editoriais comprometidas coa cultura galega (Laiovento, A Nosa Terra, Edicións do Cumio, Ir Indo, Bahía, Espiral Maior etc) a máis da Galaxia, Edicións do Castro e Xerais.
Mais as leis de Noramalización Lingüistica non se cumpren e o número de falantes descende escandalosamente nas derradeiras décadas sobre todo entre a poboación máis nova, precisamente a única de toda a historia de Galiza, escolarizada en galego.

Normalizar o galego é implantalo como idioma de uso normal e xeral en todos os ámbitos da vida, como acontece co resto das linguas que son normais no seu territorio.

Resumo: Hª da Lingua Galega d´A NOSA TERRA de X.R.Freixeiro Mato e outros autores.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               





Volver al foro

 

Responder


Nombre / Nick
EMail
Subject / Titulo
Link a tu Web
Recibir un email cuando mi mensaje sea contestado

Mensaje