Nerita     Fecha  29/09/2009 12:24 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Re: Carabanistas na Pobra   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Publicidad

Coincido contigo de que, a concentración dos caravanistas, lle deu a Pobra un toque de animación. Eu, coma todas as mañás (cando estou de vacacións na Ferreirúa), fun a mercar á Pobra, e quedei gratamente sorprendida ao ver tanta xente que, xurdía por todas partes, unhos estaban sentados nas terrazas dos bares e cafeterías, outros paseando pola rúa principal...e os demais mercando nos establecementos comerciais e tendas de alimentación. Entrei na panadería Herbella, e non se cabía dentro, comentaban que tiveran que cocer dúas fornadas extra de pan e, a repostería tamén estaba esgotada. Mentres que non me atendían, estiven falando cos visitantes, e me transmitiron o seu entusiasmo de atoparse na Pobra, sinalaban que a xente os acollía con moita amabilidade e que pensaban volver. Como a concentración cadrou coas festas de A Brence, coido que a comisión tivo o bo detalle, de invitalos a paella xigante.

Outro evento a destacar durante o Agosto, foi a actuación no concello do Ballet Nacional Ruso, un espectáculo cheo de calidade tanto pola actuación dos compoñentes, coma polo vistoso das vestimentas dos artistas que, fixo as delicias de cantos o presenciamos. As horas previas ao espectáculo, estiveron marcadas e animadas pola venda de artigos entre os que destacaban a bixutería e as típicas ‘matriuskas’, sendo os vendedores, os propios artistas.
Estes e outros eventos, son un aliciente, tanto para os/as que viven na Pobra e pobos dos arredores, coma os que pasamos alí parte das nosas vacacións.

Parabéns aos organizadores.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje